abril, 2019
08abr1:00 am1:00 amENCONTRO INTERMAREAL OURENSE MELLOR: SINATURA PROTOCOLO DE COLABORACIÓN
Detalles do Evento
Este luns, día 8 de abril, ás 13.00 h, no local de Ourense Mellor (Rúa Santo Domingo nº19-1dta, en Ourense) celebraremos o Encontro Público Intermareal para asinar o acordo de
Detalles do Evento
Este luns, día 8 de abril, ás 13.00 h, no local de Ourense Mellor (Rúa Santo Domingo nº19-1dta, en Ourense) celebraremos o Encontro Público Intermareal para asinar o acordo de colaboración entre a marea municipalista Ourense Mellor Plataforma Cidadá e En Marea, nun acto no que contaremos coa presenza do noso voceiro, Luís Villares, da nosa vicevoceira e responsable de municipalismo, Ana Seijas e, como non, con Etelvino Blanco de Ourense Mellor.
Trasladámosvos o seu convite a participar deste encontro, no que se visibiliza conxuntamente o seu desexo de estreitar lazos con EM e co resto das mareas locais que, de forma libre e soberana, decidan afrontar xuntas o desafío das eleccións de 2019, de acordo co documento elaborado froito dos encontros municipalistas celebrados no mes de febreiro e aprobado no plenario de En Marea.
Dende En Marea continuamos tecendo mar, creando un espazo de cooperación en pé de igualdade entre mareas, onde seremos o lugar de encontro no que compartir experiencias, ideas e recursos para obter o éxito electoral que nos permita transformar o país de abaixo a arriba, poñendo ás persoas no centro das políticas.
Hora
(Luns) 1:00 am - 1:00 am
Localización
Local de Ourense Mellor