Que che parece? Municipalismo En Marea.

Estás aquí: Inicio » Events » Que che parece? Municipalismo En Marea.

febreiro, 2018

18feb10:00 am2:00 pmQue che parece? Municipalismo En Marea.Xornada de traballo e reflexión compartida.

Detalles do Evento

Como vos avanzamos hai uns días, o 18 de febreiro vémonos para falar de futuro, de Municipalismo e das Eleccións de 2019!

Dende En Marea cremos firmemente que as candidaturas de unidade popular, as Mareas Municipalistas, son unha oportunidade real para mellorar a vida das persoas na procura do ben común.

Convidámosvos a participar desta xornada onde todas as mareas locais e as inscritas poidamos xuntas achegar, debater e reflexionar sobre como sumar forzas e traballar cooperativamente para afrontar o desafío das municipais de 2019!!

Para facilitar a participación de todas a xornada terá lugar en horario de mañá de xeito simultáneo en 4 cidades: Lugo, Pontevedra, Ourense e Compostela.

As conclusións, desta xornada de reflexión e debate, serán tomadas como base para a elaboración da tese do Plenario, que se celebrará o 17 de marzo, sobre Eleccións Municipais 2019.

Neste enlace compartimos con vós o documento que guiará a xornada de traballo e os horarios.

Podedes inscribirvos neste enlace ata o día 15 de febreiro ás 20:00h

ORGANIZACIÓN E HORARIO:
10:00h Acreditación e benvida
10:30h Primeira sesión de traballo en grupos, puntos 1 e 2
11:30h Pausa café
12:00h Segunda sesión de traballo en grupos, puntos 3 e 4
13:00h Posta en común e conclusións en plenario
13:45h Peche da Xornada

Hora

(Domingo) 10:00 am - 2:00 pm

Localización

Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago

Organizar

En Mareawww,enmarea,gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

14 − 5 =

X