Eva Solla reclama un protocolo sanitario urxente para atender as persoas en contacto con lindano

Estás aquí: Inicio » Eva Solla reclama un protocolo sanitario urxente para atender as persoas en contacto con lindano

Eva Solla reclama un protocolo sanitario urxente para atender as persoas en contacto con lindano

A deputada e voceira de Sanidade de En Marea Eva Solla acudiu esta tarde ao Porriño, onde acompañada de representantes da Plataforma Antilindano, do voceiro local de EU-Son Pedro Ocampo e de membros da Asemblea GañaMos, instou á Xunta a habilitar de maneira inmediata un protocolo sanitario con medidas específicas para as persoas que estiveron ou están en contacto co lindano, incluíndo un seguemento exhaustivo dos afectados.

“Vimos de rexistrar unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta se poña mans á obra”, reividincou Eva Solla dende o local da Asociación de Veciños San Rosendo Alba, en Torneiros. “Teñen que empezar xa os controis á poboación sen que se restrinxan simplemente a aquelas persoas que rexistran problemas dérmicos ou visuais senón á totalidade das persoas que viven nas zonas contaminadas por lindano”.

E é que no propio terreo ocupado pola factoría e onde foron depositados residuos contaminantes construíronse vivendas de protección oficial sen que a zona fose descontaminada. “Anos máis tarde descubriuse que existían altísimas
concentracións deste produto tanto na superficie como nas augas subterráneas e de abastecemento, o que supuxo que a poboación estivese exposta a altos niveis de contaminación durante moito tempo, exposición que en moitos casos aínda continúa a producirse, coas conseguintes consecuencias para a súa saúde, motivo polo que en 2010 os habitantes do de ditas vivendas foron trasladados”, lembra a iniciativa de En Marea.

Para Eva Solla é inconcebible que en pleno 2018, se estea poñendo en perigo a saúde da poboación e das persoas que están en contacto co tóxico, polo que tamén solicitou documentación sobre a licenza ou autorización outorgada a empresa encargada de trasladar o lindano dende O Porriño ata Ponteareas. “Dende que nos enteramos que se levaron dende O Porriño ao concello de Ponteareas non temos ningún tipo de información oficial e imos reclamar en que condicións se fixo ese traballo tanto para a saúde dos traballadores e traballadoras como para o depósito dos propios residuos e en que condicións se están facendo as catas que realiza a Xunta sen as medidas específicas de seguridade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × five =

X