Eva Solla esixe á Xunta que desbloquee o proxecto de centro de saúde de Bouzas (Vigo)

Estás aquí: Inicio » Eva Solla esixe á Xunta que desbloquee o proxecto de centro de saúde de Bouzas (Vigo)

Eva Solla esixe á Xunta que desbloquee o proxecto de centro de saúde de Bouzas (Vigo)

A deputada Eva Solla volveu interpelar á Consellería de Sanidade en sede parlamentaria sobre o proxecto de construción dun novo centro de saúde en Bouzas, demanda do barrio vigués, que malia estar comprometido pola Xunta dende hai doce anos, aínda non se executou.

Para a parlamentaria de En Marea non é válida a resposta do xerente do SERGAS, Antonio Fernández-Campa, que sinalou que os veciños de Bouzas están suficientemente atendidos no centro de saúde de Navia, “pois o único que fixeron nos últimos tempos foi recortar profesionais en Atención Primaria e a media de pacientes por médico supera con creces as recomendacións dos organismos sanitarios”.

Solla tamén fixo referencia na súa intervención á elevada idade dos usuarios deste barrio vigués, “que están sendo obrigados a desprazarse en coche ata o centro de Navia”. Ademais, a vicepresidenta do Parlamento lembroulle ao xerente do SERGAS que o concello de Vigo cedeu uns terreos adquiridos por case 700 mil euros con esta finalidade. “Oito anos despois non existe información algunha de que aconteceu con ese proxecto, sen saber se foi desbotado, fica paralizado ou se a Xunta pretende implementalo”, denunciou Solla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 − 5 =

X