Estás aquí: Inicio » Esixiremos depurar responsabilidades pola contaminación da desembocadura do río Eo
A rotura dunha tubaria nunha balsa de xurros dunha explotación gandeira na parroquia de Guiar, no concello de Vegadeo, é a causa máis probable do vertido que tiña lugar na madrugada do sábado ao domingo.
Inda que inicialmente fontes da Garda Civil aseguraban que podían ser ata 580.000 litros de xurros, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC) informou de que non superaban os 350.000 litros, sendo a zona de afectación de nove km. da desembocadura do río, afectando a Vegadeo, Castropol, Ribadeo e Trabada.
A CHC e o Seprona, en colaboración co Principado de Asturias e a Xunta tomou mostras, adoptaron medidas –instalación de barreiras anticontaminación- e investigan as causas que provocaron o vertido mentres dende Concellos como Ribadeo e Trabada pedían á veciñanza e visitantes, como medida de precaución, que non se bañaran nas praias ou áreas recreativas do río e da ría e dende a Dirección General de Pesca Marítima do Principado decretaban o luns pola tarde o peche cautelar da ría para a extracción de moluscos.
Dende os concellos asegurouse que o vertido non afectou a ningún manancial de augas de abastecemento municipal nin privado, controlando as zonas de captación do río.
Os casos de contaminación por xurros non son novos, como xa dende En Marea denunciamos noutras ocasións.
Desta volta, volvemos a demandar que a Xunta investigue e depure responsabilidades sobre o acontecido e que se elabore e publique un decreto, de obrigado cumprimento, para regular estes residuos agrogandeiros.