Esiximos á Xunta que deixe de se colocar de perfil ante os gandeiros e gandeiras do noso país e actúe para dar solución ao grave problema lácteo

Estás aquí: Inicio » Esiximos á Xunta que deixe de se colocar de perfil ante os gandeiros e gandeiras do noso país e actúe para dar solución ao grave problema lácteo

Esiximos á Xunta que deixe de se colocar de perfil ante os gandeiros e gandeiras do noso país e actúe para dar solución ao grave problema lácteo

A deputada de En Marea, Paula Quinteiro, denunciou en rolda de prensa a total falla de acción e interese da Xunta de Galicia por defender e velar polos intereses dos gandeiros e gandeiras do noso país. “O sector lácteo. Que segue afrontando unha crise estrutural, ante a que é preciso por en marcha políticas públicas radicalmente diferentes as actuais. Mentres o Goberno leva anos negando a realidade e manipulando os datos de xeito demagóxico. A principios deste ano, a conselleira de medio rural, realizaba unha nova valoración da situación na que se atopaba o sector totalmente allea a realidade” denunciou Quinteiro”.

Na súa intervención ofreceu datos que amosan a grave realidade que está a vivir o sector xa que “a pesar da propaganda que se fai desde o goberno, o balance de 2017 volve a ser moi negativo e o peche de explotacións non frea”. Así atopamos datos como o peche o ano pasado de 424 explotacións lácteas e nos últimos dous anos, 1.129 o que supón case medio cento de granxas que pechan cada mes no noso país.

Os baixos prezos segue a ser un dos motivos xa que en Galicia segue sendo os máis baixos do Estado Español, de feito temos o máis baixo xunto con Baleares. “Non se pode vender esta media dos 32 céntimos do mes de novembro como unha magnífica nova, cando a media do Estado español sitúase en 33,4 céntimos. Os gandeiros galegos son os peores pagados” declarou Paula Quinteiro.

E a pesar das medias, sabemos que hai gandeiras e gandeiros que están cobrando por baixo dos propios custos de produción, e obviamente esta é unha situación intolerable como remarcou a deputada de En Marea. Unha situación que como alertou Quinteiro pode agravarse nos vindeiros meses, como xa se ven advertindo por partes das organizacións sindicais e incluso pola propia Comisión Europea, que din que poderemos atoparnos cunha forte crise no sector, e unha nova baixada dos prezos.

“Ante esta realidade, o PP vende un relato triunfalista, cando as súas políticas só amosan incapacidade, e unha deixadez alarmante. As súas políticas baséanse en non facer nada e deixar ao sector totalmente desprotexido” asegurou Paula Quinteiro.

Para o grupo de En Marea si existen alternativas e co fin de poñer o lácteo no centro rexistrou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia. A activación dun plan estratéxico para o sector foi unha das cuestións sinaladas como fundamental pola deputada de En Marea. Non permitir que se empregue o leite como reclamo nas grandes superficies, exercer máis presión sobre as industrias e defender de xeito real ao chanzo máis débil da cadea que son os gandeiros e gandeiras , con medidas de control sobre a cadea comercial e cun acordo de prezos mínimos. Mellorar capacidades das explotacións foi outra das cuestións destacadas onde Quinteiro asegurou “non hai mais que propaganda porque a realidade amosa unha perda de superficie agraria”.

“Ou se atalla a situación agora mesmo ou a situación agravarase de xeito moi importante nos vindeiros anos” concluíu a deputada de En Marea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

eighteen − fourteen =

X