Dende En Marea denunciamos unha nova provocación dos Franco ao boicotear a construción de beirarrúas en Sada como vinganza por seren declarados “non gratos” nun pleno do Concello o agosto pasado. Ista provocación sumase a outras como o anuncio de vender o Pazo de Meirás por 8 millons de euros.
O Pazo de Meirás foi residencia oficial estival do dictador entre 1939 e 1975, residencia que recibiu a costa de extorsións e con indicios de ser unha compravenda simulada, e a sua familia “herdou” deshonestamente. Segundo a avogacia do estado (Informe histórico-xurídico Pazo de Meirás), a familia Franco cometeu delitos, mais ante a impunidade, seguen actuando considerando á cidadanía súbditos.
Os Franco ven un agravio para a súa familia a citada declaración de “non gratos” do Concello, mais pouco lles preocupan os atrancos que a familia leva pondo anos, como os reiterados incumprimentos no réxime de visitas (obrigado pola condición BIC do Pazo…).
Non é de recibo que a familia Franco, empregando mañas de dubidosa ética xa vistas en tempos pasados continúe empregando o Pazo para estas chantaxes infames.
O Pazo de Meirás é un lugar senlleiro que debe ser devolto á titularidade pública. O Pazo de quen o pagou!!