Estás aquí: Inicio » En Marea recrimina a “política tóxica” do Partido Popular no Día Mundial do Medio Ambiente
As Nacións Unidas, conscientes de que a protección do medio afecta ao benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico do mundo, designaron o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente, co obxectivo de concienciar sobre a importancia da conservación do planeta e instar aos gobernos, á industria, ás comunidades e á cidadanía a sumar esforzos para explorar solucións a través das enerxías renovables e as tecnoloxías sostibles.
Este ano a o Día está adicado a sensibilizar sobre a calidade do aire. A contaminación do aire é un problema crecente, pois nove de cada dez persoas estamos expostas a niveis que superan os umbrais de seguridade, o 92% da poboación mundial non respira aire limpo e estimase que a contaminación por ozono a nivel do chan reducirá o rendemento dos cultivos básicos nun 26% para o ano 2030.
Para En Marea, o ecoloxismo como eixo condicionante das políticas públicas, nomeadamente educativas, económicas e industriais é esencial, aspecto polo que vimos denunciando en numerosas ocasións atentados contra o medio ambiente como os propiciados pola reapertura da Mina de Touro-O Pino ou Ence na ría de Pontevedra, exemplo claro este último da política tóxica do Partido Popular, pois promoven e impulsan dende a Xunta iniciativas como esta que contaminan a auga e o aire para poder facer uso das portas xiratorias e entrar nos consellos de administración da empresa.
Dende En Marea consideramos que as políticas activas para combater o abandono do medio rural son fundamentais para o medio ambiente (a priorización dos mercados locais e de proximidade, a recuperación do noso bosque autóctono,…), así como a potenciaición do transporte público, o saneamento integral das rías, instar ao aforro enerxético na política ambiental da Xunta, etc.
Queremos un mundo máis limpo, máis sostible, mais respectuoso co medio ambiente…. porque sabemos que non hai planeta B.