Estás aquí: Inicio » En Marea reclama o traslado da locomotora Sarita ao Museo do ferrocarril de Vilagarcía
Luca Chao defende no Parlamento a súa restauración e o retorno ao emprazamento orixinal na antiga estación de vilagarciana
Nos últimos meses, algunhas pezas do patrimonio histórico do ferrocarril en Galicia foron trasladadas fóra da comunidade. En Marea leva meses reclamando o traslado da locomotora “Sarita” desde Padrón ao seu emprezamento orixinal, a antiga estación de ferrocarril de Vilagarcía de Arousa. Luca Chao insistiu unha vez máis no Parlamento de Galicia nesta petición que o PP non quere escoitar pese a non pronunciarse sobre a marcha da locomotora “Sestao” cara a Ponferrada e un vagón de mercancías que foi trasladado a Salamanca. Estas dúas pezas históricas saíron do mesmo Museo do ferrocarril sen que a Xunta se pronunciase sobre os traslados.
Luca Chao explicou no Parlamento que era “sorprendente” a actitude da Xunta negando o traslado de “Sarita” desde Padrón a Vilagarcía, pero permitindo que outras dúas pezas históricas marchasen fóra de Galicia. A deputada de En Marea considera que o traslado a Vilagarcía está más que xustificado pola “vinculación clara entre a locomotora e Vilagarcía, concello que dispuxo da primeira estación de ferrocarril de Galicia, e que nel se empraza o Museo do Ferrocarril, máxime unha vez que a mencionada Fundación pasou a mans públicas non debería haber motivo algún para que a locomotora continúe en Padrón”.
En Marea solicita no Parlamento que a Xunta favoreza o traslado da locomotora a Vilgarcía, ao tempo que pide un informe sobre que futuro agarda ao Museo Ferroviario da Fundación Cela. Luca Chao preguntou tamén que pensa o PP de Vilagarcía “cando ve como o grupo parlamentario popular no Parlamento desautoriza o seu voto a favor do traslado da máquina? A deputada sinalou que o PP utilizaba a técnica de que o traslado parecese “un enfrontamento entre concellos”, pero este traslado “vai de preservar o patrimonio e darlle un uso que beneficie a todas as galegas e galegos”.