Estás aquí: Inicio » En Marea reclama aos parlamentarios que cumpran cos acordos firmados en 2016 e nos que se comprometían a actuar seguindo as directrices do partido
Todas as deputadas firmaron unha declaración na que se comprometían a actuar “sempre no nome de En Marea e en ningún caso representando intereses diferentes”
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2019. O Consello das Mareas e a coordinadora de En Marea consideran que unha parte das deputadas do grupo parlamentario autonómico está “incumprindo gravemente” o acordo que cada unha delas asinou en setembro de 2016 no que se comprometían a “actuar sempre no nome de En Marea e en ningún caso representando intereses diferentes”. Desde a dirección de En Marea sinalan que este acordo segue vixente e que as últimas declaracións do secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, supoñen unha práctica transfuga ao actuar dentro de En Marea ao servizo de intereses alleos. En Marea reclama, unha vez máis, que se cumpran os acordos firmados e que se desenvolvan as directrices fixadas polo Consello das Mareas.
Segundo declarou Gómez Reino as deputadas de En Marea inscritas en Podemos apoiarán unha proposta distinta a acordada por En Marea á hora de escoller á persoa para ir ao Senado. Ademais de romper co acordo de 2016, Reino explica tamén que estás deputadas traballarán a partir de agora nun proxecto político diferente que non é aquel polo que foron escollidos e polo que recibiron os votos o que, na práctica, supón unha nova modalidade de transfuguismo ao traballar desde o proxecto político que tentaron dinamitar a favor de outro.
Texto do documento firmado polas deputadas de En Marea
COMPROMISO PERSOAL DOS CARGOS DE EN MAREA
Como cargo orgánico e/ou institucional de En Marea comprométome a:
Por todo o anterior, subscribo este compromiso en liberdade, entendendo todas as cláusulas que se sinalan e asumindo a súa defensa.
DNI e sinatura: