Estás aquí: Inicio » En Marea propón dedicar a autoconsumo das factorías de Cee e Dumbría a produción eléctrica das centrais de Ferroatlántica
Para o deputado Francisco Casal iso convertería as factorías da Costa da Morte nas máis competitivas do mundo
Sacar a producción Nuclear e Hidráulica do Pool eléctrico diario e ofertala a longo prazo a 42 €/MWH e exixir a Ferroglobe que utilice a producción eléctrica das centrais hidráulicas de Ferroatlántica para autoconsumo das factorías de Cee e Dumbría, motivo polo que ten a concesión, coa que as levaría a ser as factorías de ferroaleacións mais competitivas do mundo. Son as dúas solucións que lle propón En Marea tanto ao Goberno do Estado como á Xunta de Galicia para resolver a situación de Ferroatlántica.
As propostas foron avanzadas polo parlamentario de En Marea Francisco Casal, tras manter esta mañá unha reunión no Parlamento de Galicia co Comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría. “A situación da Compañía que segue cos fornos pechados e mantén nun ERTE á maioría do personal é de total incertidume, á que se suma os rumores de que Ferroglobe quere poñer en venda estes centros de traballo a unha compañía que só ten interese nas centrais”, sinalou Casal ao remate da xuntanza.
Para En Marea esta situación ten dous responsables: o goberno de España e a Xunta de Galicia. “O goberno de Pedro Sáncheznon acaba de establecer unha tarifa eléctrica estable e competitiva para a industria, e no que parece unha auténtica provocación saca unha nova poxa de interrumpibilidade para o 2º semestre deste ano todavía mais restrictiva, tanto nos bloques de potencia subastada como no prezo, o que supón unha reducción de mais do 50% das cantidades ofertadas no 2015″, sinalou o parlamentario de En Marea.
Pola súa banda, o Goberno da Xunta de Galicia que non exixe a Ferroglobe que use a enerxía producida nas centrais hidráulicas– con concesión pública para autoabastecerse. “O Presidente Feijóo en vez de facerse tantas fotos de autobombo, tiña que ter tempo para chamar ao Sr. Villar Mir e trasladalle con contundencia estas esixencias”, concluíu.