Estás aquí: Inicio » En Marea pide que se rectifique o convenio para os GES firmado pola Xunta de Galicia a FEGAMP e as deputacións provinciais galegas
Lamenta que non se tiveran en conta as aportacións dos profesionais e especialistas nin as realizadas pola formacién no Parlamento de Galicia
Luís Villares considera que non se poden firmar convenios entre institucións “para desmantelar os servizos públicos”
Santiago, 27 de decembro de 2018.- En Marea lamenta que o novo convenio de colaboración entrea a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as deputacións provinciais para as emerxencias e a defensa contraincendios e que pretende o desenvolvemento dos GES (Grupos de Emerxencia Supramunicipais volvera facerse sen contar nin coa opinión dos profesionais, nin dos especialistas e tampouco tivesen en conta as aportacións realizadas en distintos ámbitos pola propia En Marea. En Marea pide que se rectifique este convenio para atender as indicacións e as necesidades sinaladas polos profesionais. Luís Villares apuntou que unha vez máis “un acordo institucional pretender servir para desmantelar servizos públicos”.
En Marea ten levado ao Parlamento de Galicia o mal uso dos GES que están realizando algúns dos concellos, denunciando unha práctica inaceptable e que supón o emprego de persoal adscrito ao GES como persoal de vías e obras ou de desbroce. Este uso indebido do persoal supón unha degradación do servizo e unha perda da calidade do mesmo, co que se incrementa o risco para a seguridade da cidadanía. Contra este uso improcedente do persoal dos GES, En Marea presentou unha serie de inciativas que, entre outros obxectivos, pretendían a reforma da Lei de Emerxencias de Galicia e tamén desvincular aos GES da depedendencia directa dos concellos. Tamén se propuxo que sexan os consorcios os que asuman a organización destes grupos e incluír a Asociación de Grupos de Emerxencias Supramunicipais de Galicia (AGESGA), como representación dos GES na Comisión de seguemento. As propostas de En Marea tamén pretende mellorar a dotación de recursos destes grupos de emerxencia así como definir de maneira detallada as súas funcións, ademais de poñer en marcha un protocolo para a coordinación e integración funcional dos diferentes dispositivos que interveñen nas emerxencias. A intención das medidas propostas por En Marea é conformar un modelo de merxencias que teña carácter estable e profesional e que poida ofrecer cobertura ao 100% do territorio galego. Deste xeito, e tendo tamén como obxectivo ofrecer un tempo de resposta razoable, En Marea pretende que se poña en marcha o Mapa de Emerxencias de Galicia e que todos estes servizos teñan carácter completamente público.
Todas estas propostas, xunto a aquelas que foron presentadas polo persoal dos GES, foron ignoradas á hora de elaborar o novo convenio entre a FEGAMP, a Xunta e as deputacións galegas. Entre outras novidades, neste texto se elimina a cláusula do convenio anterior pola cal se lles esixía aos concellos unha operatividade dos GES de 24 horas/365 días e un mínimo de dúas persoas de xeito presencial para atender as emerxencias.
Este convenio ofrece unha incoherencia nas obrigas que lle impón aos concello sede dos GES. Seguno o texto estes concellos “deberán atender de forma permanente as chamadas de emerxencia, de xeito que a non resposta a estas chamadas de emerxencia de forma continuada dará lugar por parte dos concellos sede, á non percepción da axuda, salvo causa xustificada, e previa audicencia ao concello implicado”. Para En Marea esta incoherencia supón trasladar os problemas da atención de emerxencias directamente aos concellos ao teren a obriga de atender de maneira permanente estas emerxencias, pero non reciben recursos, nin medios materiais e humanos suficientes para poder atender a todas esas posibles chamadas.
Esta complicidade institucional para eliminar a citada esixencia promove situacións como a vivida en Begonte (Lugo), e denunciada tamén por En Marea no Parlamento, onde o GES de Guitiriz non dispuña de persoal en quenda de garda e o teléfono para atender as emerxencias estaba en posesión dun concelleiro, polo que ese GES non puido atender a incidencia.
O voceiro de En Marea, Luís Villares, lamenta que, “unha vez máis, Xunta, FEGAMP e Deputacións amosan a súa intención de desmantelar o servizo de emerxencias, omitindo as obrigas básicas de tal servizo e pondo en risco á cidadanía”. Villares reclamou a rectificación deste convenio e a posta en marcha de medidas que permitan a Galicia contar con servizos de emerxencias con dotación suficiente e de carácter completamente público.