Estás aquí: Inicio » En Marea pide no pleno do Parlamento que se desbote o plan de execución da “Autovía del Atlántico” e dedicar o orzamento ao rescate para o público da AP9
O deputado de En Marea no Parlamento, Marcos Cal, presentou na sesión plenaria desta mañá unha proposición non de Lei na que se propoñía desbotar o plan de execución da “Autovía del Atlántico” e dedicar os orzamentos previstos ao rescate para o público da AP9. Tal e como destacou a A57 é un proxecto de enorme calado, que atravesa o territorio de Galicia e “debe ser eliminada estudiando cales poden ser os treitos útiles pero de ningún xeito o proxecto na súa totalidade”.
Marcos Cal asegurou que o primeiro paso debe ser, en todo caso, recuperar a AP9 e avanzar na vía da liberación das autoestradas da mesma xeración tal e como está a acontecer noutras zonas do Estado español. “As galegas e galegas estanlle inxectando máis de cen millóns cada ano a AUDASA. Hai que rematar con esa estafa” asegurou o deputado de En Marea.
Para En Marea a proposta de trazado, e ata a existencia do proxecto da Autovía do Atlántico A57 A Coruña / Santiago de Compostela / Pontevedra / O Porriño na lei de estradas do Estado, é un exemplo máis da aposta cega do PP polas vías de alta capacidade e o transporte a motor, sen importar a racionalidade das actuacións, un gran negocio para as grandes construtoras e unha ruína para o conxunto da sociedade. Aseguran que se trata dun gasto de diñeiro inaceptable nun contexto de recortes de todo tipo de servizos básicos á cidadanía e un impacto ambiental realmente destrutivo, é unha infraestrutura inútil e redundante porque neste traxecto xa existe unha vía de alta capacidade, a AP-9.
No caso de se construír a A-57, será previsible que se reste gran cantidade de tráfico da A-9, polo que nos podería darse a situación de investir centos de millón de euros na A-57 e ter que inxectar outros tantos na concesionaria da AP9 pola caída do tráfico na mesma. Asemade, Marcos Cal sinalou que é probable que unha vez liberada a AP9, existan tramos, tanto da AP9 como dalgunhas vías convencionais que transcorren polo eixo atlántico que precisen ser reforzados con vías alternativas de nova creación debido á intensidade de desprazamentos que soportarán.
Por todo isto, o grupo parlamentar de En Marea pediu que a Xunta de Galicia instase ao Ministerio de Fomento para desbotar o plan de execución da Autovía del Atlántico e destinar o orzamento previsto ao rescate para o público da AP9. Así mesmo, insta a elaborar un estudo que determine en que lugares é preciso reforzar a AP9, unha vez recuperada para o público, cunha vía de alta capacidade ou convencional de nova creación e que se execute o acordo acadado no Parlamento de Galicia para incrementar as frecuencias e axustar os horarios no servizo ferroviario do Eixo Atlántico.
En Marea chama tamén a mudar a política tarifaria de Renfe no Eixo Atlántico, para aplicar unha redución do prezo dos billetes e iniciar os trámites necesarios para acadar o rescate público da AP9 coa realización prevista dun estudo rigoroso dos costes da operación e os mecanismos de financiamento.