Estás aquí: Inicio » En Marea pide explicacións pola nova malversación de cartos públicos na contratación do gabinete de comunicación da EOXI de Pontevedra
A denuncia do sindicato médico corrobora o que En Marea ten denunciado en múltiples ocasións como é a relación da corrupción co mal uso dos fondos públicos da Sanidade pública e a privatización de servizos, nesta ocasión contratando a unha empresa privada o gabinete de prensa da EOXI de Pontevedra pese a contar cunha funcionaria pública desenvolvemento ese traballo. Unha adxudicación que foi ademais outorgada a unha persoa vinculada ao PP e que xa traballara de para familiares do presidente do Estado, Mariano Rajoy como denunciou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla. “Estamos ante unha nova contratación a dedo que da continuidade ao xeito de actuar ao que xa nos ten acostumado o PP” declarou Solla que considerou “totalmente inasumible este tipo de prácticas”. Nese afán privatizador do PP no caso do mantemento da electro-medicina se contrataban servizos para os que xa se contaba con persoal público, malversando os cartos públicos desviándoos á empresa privada e aos amigos e amigas do PP.
Dende o ano 2009, o gabinete de prensa da EOXI de Pontevedra O Salnés é xestionada polo sector privado, un servizo máis do SERGAS que o Goberno de Feijóo decidiu privatizar. Esta situación ademais de supoñer unha privatización paulatina do Servizo Galego de Saúde tal e como se leva moito tempo denunciando, está chea de irregularidades. Entre estas irregularidades chaman a atención algunhas denunciadas, tales como que a EOXI de Pontevedra O Salnés, xa conte con praza pública cuberta para poder prestar o servizo o que fai cuestionarse se a contratación de tal servizo podería supoñer un presunto desvío de poder por parte da Administración.
Con todo, este decidiu ser entregado ás mans da empresa privada mediante un procedemento negociado no que a adxudicación que sospeitosamente foi a parar nas mans do Partido Popular. Por todo o anterior o Grupo Parlamentario de En Marea ven de rexistrar unha pregunta na que se pide explicacións ao Goberno galego sobre: