Estás aquí: Inicio » En Marea oponse a que familia Franco poda ser indemnizada pola recuperación para o pobo do Pazo de Meirás
O grupo parlamentario de En Marea ven de rexistrar unha iniciativa para que a Xunta demande do goberno do Estado a que, á vista dos informes aos que se fai referencia na exposición de motivos deste acordo, e en exercicio da súa lexitimación activa, interpoña as accións xudiciais reivindicativas oportunas dirixidas ao obxectivo da incorporación do Pazo-Torres de Meirás ao Patrimonio público, para o seu posterior uso conveniado como espazo da memoria histórica democrática galega. O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, destacou tamén a necesidade de que a Xunta se persoe no momento procesual oportuno, e na condición de parte coadxuvante adhesiva, así como dar traslado do seguinte acordo, así como dos Informes e documentación anexa á que se fai referencia na exposición de motivos deste acordo, á Administración Xeral do Estado, Congreso, Senado, e grupos parlamentarios das Cortes Xerais.
A iniciativa que nun principio tiña por obxectivo converterse nunha iniciativa conxunta de todos os grupos parlamentarios. O PP optou por presentar a súa iniciativa pola vía unilateral, e o resto de grupos da oposición consideraron no último momento que non era oportuno presentar esta iniciativa de xeito conxunto. O vicevoceiro de En Marea lamentou esta circunstancia xa que salientou que era un “intento xestual de responder as demandas dos colectivos da sociedade civil que levan moitos anos traballando na recuperación do Pazo de Meirás e que demandan unha posición conxunta”. Pese a iso, o grupo de En Marea manifestou a súa esperanza de que a súa proposición non de lei sexa finalmente apoiada polo resto de grupos ao longo deste mes de xullo.
En Marea pide na súa inicia que se teña en conta o informe elaborado pola xunta pro devolución do pazo promovida pola Deputación da Coruña e que pode servir tamén para explorar as distintas vías. Así mesmo, Sánchez manifestou, anticipando a posibilidade da recuperación do pazo, a necesidade de chegar a unha solución conveniada entre as distintas administracións: Estado, Xunta e Concello de Sada.
Por último, o viceportavoz de En Marea manifestou a oposición do seu grupo á que a familia Franco sexa indemnizada como recolle nun dos puntos o informe elaborado pola comisión de expertos da Xunta de Galicia, ao considerar a liquidación indemnizatoria por ser posuidores de boa fe. Para En Marea esta circunstancia non se da xa que a familia Franco coñecía perfectamente das orixes da adquisición do Pazo de Meirás e polo tanto non poden ser considerados posuidores de boa