Estás aquí: Inicio » En Marea manifesta o seu apoio a unha moción de censura que desprace ao Partido Popular do goberno tras ser condenado por corrupción
A condena do caso Gürtel evidencia que para o PP a corrupción é unha forma de vida, unha forma de goberno, de estar na política tal e como manifestou o voceiro de En Marea, Luís Villares, tras se coñecer a senteza. “Non podemos aceptar nin un segundo máis que un partido que acaba de ser condenado por corrupción, como forma institucional de estar na vida política siga nin un segundo máis a fronte do Goberno do Estado” afirmou.
Villares manifestou o seu apoio á posición política dunha moción de censura que poda “desprazar do goberno a quen fixeron do servizo público unha rapiña privada para favorecer intereses particulares, prexudicar o interese xeral, recortar dereitos e causar sufrimento á poboación e vivir de costas á xente”.