Estás aquí: Inicio » En Marea manifesta a súa rabia e indignación ante a decisión de deixar en liberdade aos membros da Manada
As deputadas e deputados do grupo parlamentario de En Marea queren manifestar a súa rabia e indignación ante a decisión de deixar en liberdade dos membros da Manada por parte da Audiencia provincial de Navarra. Para a deputada Paula Quinteiro non existen indicios que podan facer pensar que non existen riscos de reiteración senón todo o contrario.
“A decisión coñecida onte volve a manifestar que a xustiza ten unha orientación claramente machista e que está atravesada polas relacións de poder que se viven no conxunto da sociedade entre homes e mulleres” denunciou a deputada Paula Quinteiro quen salientou tamén a resposta dada xa na tarde de onte polos milleiros de persoas que saíron a rúa para unha vez máis deixar claro que as mulleres non van calar nunca máis.
“Hoxe volveremos a saír para non só expresar o noso rexeitamento a esta decisión xudicial senón tamén para evidenciar que estamos xuntas, que cremos nas nosas compañeiras e que estamos fartas de ter medo cando camiñamos polas rúas ou nas nosas relacións afectivo-sexuais” anunciou.
Desde En Marea defenden que fan falla modificacións lexislativas, e tamén na formación das persoas que interveñen neste tipo de situacións, pero sobre todo rematar con todo o modelo cultural arredor da violación. “O feminismo vai seguir aí e logrará co seu empuxe que todas estes cambios se leven adiante” concluíu Paula Quinteiro.