Estás aquí: Inicio » En Marea insta á Xunta a actualizar os plans de formación e apostar pola modernización das pequenas e medianas empresas de moble en Galicia
voceiro de En Marea, Luís Villares, o deputado no Parlamento, Francisco Casal, e a voceira de Móvete, Mar Blanco, visitaron aos alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez da Estrada e a 32º Feira do moble de Galicia na Estrada onde defenderon a necesidade de apostar pola mellora na formación co obxectivo de adecuala ás necesidades e a realidade actual do sector. Villares destacou que o futuro do sector do moble está inmerso nun proceso de modernización e polo tanto non se pode deixar a marxe da formación. Por iso, o grupo de En Marea, despois de escoitar ao profesorado e ao alumnado reclama unha mellora da oferta educativa. “É necesario que a Formación Profesional inclúa tamén á básica para captar alumnado para o tamén o ciclo medio que é o que se está a dar neste momento, e tamén con vocación de futuro, unha FP superior da madeira e do moble” afirmou.
Desde En Marea o que se busca é que se forme unha mao de obra cualificada para atender ás necesidades do sector que pasan polo proceso de modernización e precisan polo tanto traballadores e traballadoras cualificadas. “É preciso polo tanto a actualización dos plan de formación e que a Xunta aposte pola modernización dos equipos das pequenas e medianas empresas que son as que xeran a maior parte do emprego no noso país, tamén no sector do moble. Isto melloraría ao mesmo tempo a calidade de emprego de toda a comarca da Estrada” concluíu o voceiro de En Marea.