En Marea presenta a súa estratexia de emprego con 40 medidas concretas para impulsar o emprego e loitar contra a grave situación laboral de Galicia

Estás aquí: Inicio » En Marea presenta a súa estratexia de emprego con 40 medidas concretas para impulsar o emprego e loitar contra a grave situación laboral de Galicia

En Marea presenta a súa estratexia de emprego con 40 medidas concretas para impulsar o emprego e loitar contra a grave situación laboral de Galicia

A Xunta de Galicia ben de publicar a resolución do acordo do Consello da Xunta para continuar coa licitación da primeira parte do plan de transportes anunciado pola Xunta de Galicia. Unha resolución que evidencia unha vez máis a “política da Xunta é a política do parche, da improvisación e a falla de planificación que pode levar a Galicia, a ter unha vez máis, a ter problemas de inseguridade xurídica xa que a resolución contempla determinadas cuestións que non contan con amparo normativo” como advirte o vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez.

A resolución do 6 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se fixan criterios complementarios en relación co proceso de integración das distintas modalidades de transporte público de competencia da Xunta de Galicia que faciliten a optimización deste servizo público, no marco do procedemento para a implantación da primeira fase da planificación do transporte público de Galicia. Algúns dos criterios complementarios fixados na mesma non contan con amparo normativo algún, nin por parte do Regulamento 1370/2007 europeo de transporte, nin na Lei 10/2016 de Medidas urxentes de transporte, nin na recentemente aprobada Lei de Acompañamento dos Orzamentos para o 2017.

Isto mostra a improvisación constante e falla de planificación coa que actúa o Goberno galego, e supón sumir outra vez ao sector na absoluta inseguridade xurídica. O vicevoceiro de En Marea no Parlamento insistiu no feito de que este tipo de medidas poden supoñer outra vez que aconteza o que sucedeu coa sentenza do Tribunal Supremo de marzo de 2016 onde se anularon as concesións prorrogadas ilegalmente en 2010 pola Xunta de Galicia, e que xunto coa inacción durante anos causaron o actual caos.

Por todo isto, En Marea insta unha vez máis a que se abandone a “política de parcheos”, tenda a man ao diálogo, paralice o proceso de licitación, e traballe para un Plan de Transporte de Galicia para o ano de 2018 que conte con garantías xurídicas e que atenda ás demandas dos concellos, e da cidadanía en xeral. “Que deixen a soberbia, rectifiquen, dialoguen e planifiquen” esixiu Antón Sánchez ao Goberno galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

8 − 5 =

X