Estás aquí: Inicio » En Marea esixe ao Goberno español e a Xunta que defendan a inclusión da conexión Vigo-Porto e Eixo Atlántico no debate do Consello de Europa
O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, esixiu ao Goberno español que defenda a inclusión do eixo atlántico no debate do Consello europeo e a Xunta de Galicia que comece a labor que lle corresponde xunto co goberno de Portugal e España para elaborar un plan estratéxico para aproveitar o financiamento europeo para mellora de conexións ferroviarias.
Hai tres días coñecíase a decisión por parte do Parlamento europeo de modificar os regulamentos da rede transeuropea de transportes e mecanismos Conecta Europa, aprobando a incorporación da conexión de Galicia pero tamén da conexión Vigo-Porto no Corredor Atlántico. Para o grupo parlamentario de En Marea supón unha cuestión fundamental e de feito xa no mes de setembro rexistrou diversas iniciativas no Parlamento sendo unha delas aprobadas por unanimidade e trasladada aos parlamentarios europeos. “Esta nova é moi positiva e abre a posibilidade de optar a financiamento e mellorar as conexións portuarias galegas, mellores as condicións ferroviarias e fomentar o eixo atlántico do que so poden saír cousas positivas” asegurou o vicevoceiro de En Marea.
Tras esta aprobación, Anton Sánchez, sinalou que non se trata do último paso senón que ten que se dar aínda e por este motivo reclamou tanto ao Estado español como ao goberno galego que se poñan a traballar de xeito inmediato. O pasado día 22 de novembro o debate do consello de Europa incluíase a conexión Madrid-Valencia-Sanguto-Teruel pero excluíase o Eixo Atlántico. Xa nalquel momento o grupo de En Marea denunciou o trato discriminatorio que estaba a recibir Galicia e reclamaba ao goberno do Estado cesar nesta actuación e defender a inclusión do eixo atlántico.
Agora e despois da decisión da Unión Europea, o grupo de En Marea insiste en reivindicar esta inclusión de Vigo-Porto no debate do Consello europeo e fai un chamamento á Xunta de Galicia a esixir isto mesmo ao tempo que comeza a traballar co goberno español e portugués nun plan estratéxico para aproveitar o plan de financiamento futuro e presentar proxectos, un orzamento de máis de 30.000 millóns de euros como subliñou o vicevoceiro de En Marea.
“É necesaria vontade política do goberno do Estado español para defender o eixo atlántico e que a Xunta de Galicia que comece a facer o seu traballo para desenvolver o plan” concluíu Antón Sánchez.