Estás aquí: Inicio » En Marea esixe a comparecencia do conselleiro de Sanidade para dar conta das irregularidades denunciadas polo Consello de Contas
A vicepresidenta do Paramento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou as irregularidades denunciadas polo Consello de Contas sobre o SERGAS no seu último informe no que se analizou o 2016. No mesmo sinalase entre outras moitas deficiencias o feito de que non consta o control financeiro das EOXIs, tendo datos unicamente da do Salnés e Pontevedra. Esa situación de opacidade provoca que non se poda exercer o control sobre o funcionamento das mesmas polo que o grupo de En Marea pedirá toda a información relativa as mesmas e tamén os informes financeiros.
Algo semellante acontece coas axencias e fundacións do Servizo galego de saúde referente aos que o Consello de Contas alerta da opacidade dos mesmos. Así di que non foron facilitados os contratos de xestión polo que non se poden analizar os obxectivos. “Estase a facilitar a constitución de axencias opacas onde están presentes elementos como conflitos de intereses, portas xiratorias” declarou Solla.
No seu informe o Consello de Contas destaca tamén o desaxuste estrutural e pon de manifesto que ano tras ano se orzamenta menos do que se gasta polo que hai que estar a facer modificacións contables posteriores o que evidencia que ano tras ano se están a facer mal os orzamentos con consignacións insuficientes que son coñecidas previamente o que amosa unha intencionalidade por parte da Xunta.
No relativo ás partidas destinadas á actividade concertada, o Consello de Contas certifica as denuncias de En Marea e desminten ao Goberno galego cando di que diminúen. O propio informe salienta un incremento do 8,3 por cento superando os 225 millóns e volve a sinalar o carácter estrutural.
En canto a persoal propietario de praza e aumentan os eventuais e iterinos afianzándose a temporalidade. “Non é certo que traballen máis profesionais nin que se melloren as condicións” asegurou Eva Solla que remarcou as consecuencias directas que pasan por un empeoramento da calidade asistencial e un aumento da precariedade destes profesionais.
A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea fixo especial mención ao informe específico elaborado polo Consello de contas relativo ao gasto farmacéutico no noso país que asegurou, “non ten que ver co avellentamento senón a mala xestión”. Así explicou que temos un orzamento claramente insuficiente e non hai control efectivo sobre o que se está a gastar. Gasto total increméntase cada ano e supón o 10 por cento do total e anterior 15 por cento e o único que se fai e poñer máis opacidade de como se están a facer as compras coas grandes farmacéuticas. O propio informe do Consello di que non se están a cumprir protocolos e que estes medicamentos se están a negociar de xeito individual sen información sobre como se fan e que un 80 por cento de compra de medicamentos faise coas mesmas empresas.
Eva Solla alertou así mesmo da adquisición innecesaria de fármacos que non queda reflexada en ningún documento contable da Xunta de Galicia e a presunción de conflito de intereses que fai temer que se estean a ofrecer cousas que non están a ser fiscalizadas. No informe faise referencia á fragmentación o 90 por cento en compras menores, eludindo os controis que si se ofrecen a contratos maiores. As ofertas non demostradas de bens e beneficios que non teñen, compra de medicamentos de escaso interese para facilitar mellores prezos noutros medicamentos ao que se une o gasto farmacéutico, fai preciso que o conselleiro ofreza información de xeito inmediato no Parlamento tal e como defendeu Eva Solla.
Por este motivo, o grupo parlamentario de En Marea solicitará a creación dunha comisión especial de estudo ou investigación xa que “o está a acontecer xa que é moi grave”.