Estás aquí: Inicio » En Marea e Marea Pontevedra organizan un acto conxunto en clave feminina para conmemorar o Día da Galiza Mártir
En Marea e Marea Pontevedra organizan mañá 17 de agosto un acto conxunto e en clave feminina en Pontevedra para conmemorar o Día da Galiza Mártir, instaurado en memoria do intelectual e histórico dirixente nacionalista Alexandre Bóveda asasinado polos franquistas o 17 de agosto de 1936, tralo levantamento militar, no monte da Caeira, no concello de Poio.
Baixo o epígrafe ‘Memorias Rescatadas’, porán voz ao acto de En Marea ás 12.00 horas nas escaleiras de Facenda no xardín da Ferrería, Ana Seijas (vicevoceira de EM), Peque González (Marea Pontevedra), Silvia Díaz (EM Poio) e a escritora e académica Marilar Aleixandre para homenaxear a todas as mulleres que sufriron a represión dos fascistas tralo levantamento militar. Ademais, a violinista Tatiana Cidrás interpretará unha peza, nun acto ao que tamén asistirá o voceiro da formación do cambio, Luís Villares.
Posteriormente, a partir das 13 horas, os representantes de En Marea tomarán parte nos actos organizados pola Fundación Alexandre Bóveda, cunha ofrenda floral e a interpretación do himno galego no monumento na honra do histórico nacionalista e intelectual galego na Caeira; no xantar e entrega do XIII Premio do Día da Galiza Mártir a Xosé María López de Guereñu na Alameda da Seca, e na ofrenda cívica (19.00 horas) diante do sartego de Bóveda no ceminterio de San Amaro.