Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia ante a Xunta Electoral Central a propaganda indebida do goberno galego
En Marea ven de presentar denuncia contra a Xunta de Galicia ante a Xunta Electoral Central pola divulgación de propaganda indebida en época preelectoral. A formación critica a publicación na páxina web institucional dunha campaña de logros e proxectos completamente inaxeitada debido á proximidade das eleccións. E coa que o goberno galego incumpre a normativa vixente sobre regulamento da campaña.
En Marea denuncia o afán propagandístico do goberno de Núñez Feijóo, que cando restan apenas unhas semanas para as eleccións xerais, e coas municipais tamén moi preto, emprega a páxina web da Xunta de Galicia como plataforma propagandística. A formación entende que a divulgación da campaña “Xuntos estamos construíndo a mellor Galicia para visitar, que é tamén a mellar Galicia para vivir” non ten outro obxectivo que loubar os logros do Partido Popular en materia turística e de xeración de emprego.
A nomeada campaña vulnera o artículo 50.2 da LOREG; así como a Instrución 3/2019, de 4 de marzo de 2019 da Xunta Electoral Central sobre consecuencias da simultaneidade na celebración das eleccións xerais do 28 de abril, e das locais, autonómicas e europeas previstas para o 26 de maio no que se refire ao regulamento de campaña electoral. En Marea entende que as alusión directas e o balance de logros desglosado nesta campaña contradí a nomeada normativa. Motivo polo cal solicita a súa prohibición durante a campaña e insta á Xunta Electoral Central a adoptar as medidas sancionadoras previstas na LOREG.