Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia a redución das condicións de seguridade no contrato do servizo de transporte sanitario nos helicópteros do 061
O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciaron as graves irregularidades detectadas no proceso de contratación do servizo de transporte sanitario urxente aéreo para a Fundación pública urxencias sanitarias de Galicia 061. O contrato, como explicou o voceiro, vence o 1 de xullo de 2018, e durante estes meses se puxo en marcha a contratación dunha nova adxudicación cun montante total de 10 millóns de euros. As condicións nas que se van a producir este novo contrato tanto nas características técnicas dos pliegos de contratación que provocará unha perda de seguridade tanto da tripulación como dos doentes, e empeoramento da calidade do servizo médico asistencial.
Non se tivo en conta o coñecemento aeronáutico que os profesionais poden achegar aos pliegos e tamén na composición do informe que fixo os propios pliegos. Así no relativo a formación dos pilotos prodúcense modificacións á baixa que afectan na seguridade dos pilotos e na tripulación. Así, non se esixe a cualificación dos pilotos en baixas condicións de visibilidade algo esencial no noso país, condición antes si esixida e que pasa a non ser imprescindible. Ademais non se esixe o tipo de voo multipiloto o que significa a capacitación técnica de piloto e copiloto para manexar indistintamente a aeronave, que supón unha maior titulación, e implica plus de seguridade. Fronte a isto optase pola posibilidade de que sexa un so piloto o que leva menos formación, menos simulación de voo, e polo tanto menos seguridade. Tampouco se valorou a experiencia dos pilotos en voo na comunidade autónoma de Galicia, que como os propios profesionais sinalan como fundamental. Os actuais non se lles ofrece polo tanto subrogación na propia compañía perdendo a experiencia de actuación no noso país.
Non se valorou características fundamentais dos helicópteros. Con respecto aos aspectos como o sistema de medicalización dos helicópteros actualmente dispón dun sistema AEROLITE, la más eficiente e completa do mercado, pero que non se esixe para os novos helicópteros e que seguramente, non será ofrecida para reducir costes. A instrumentalización de voos, actualmente dispón dun sistema dixital MEGHAS, que reduce a carga de traballo dos pilotos ao dispor de todo a información de voo nunha soa pantalla e a información de navegación nunha segunda e que posibilita a montaxe do piloto automático, algo que tampouco foi esixido no pliego de condicións. Deste xeito, o novo servizo pode ser realizado con helicópteros que dispoñan de instrumentación analóxica, sen posibilidade de instalación de piloto automático e con medicalizacións menos adaptadas ao servizo a realizar, o que supón un claro paso atrás na calidade do servizo e a seguridade.
O informe realizado a nivel técnico das persoas encargadas de avaliar os pliegos de contratación, non posúen unha titulación adecuada xa que non teñen coñecementos de carácter aeronáutico algo esencial para este servizo. Esta situación produce no seu conxunto unha perda da calidade e sobre todo da seguridade.
A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, pola súa banda destacou que estamos nun momento no que non só están a declarar os responsables das empresas por un presunto delito de prevaricación na contratación do servizo de ambulancias de 061 senón un momento que as propias condicións laborais están a provocar mobilizacións entre o persoal neste mes de xuño e que continuará no mes de xullo. Denunciou unha vez máis a continua precarización dos servizos sanitarios e das condicións laborais nas que se presta que redunda nun empeoramento da calidade do servizo. Eva Solla lembrou así mesmo como a Xunta de Galicia en 2014 optou por reducir as horas de voo reducindo a posibilidade de dar un servizo máis amplo e que neste ano 2018 ten que ser recuperado, dando a razón aos que denunciaban o recorte neste servizo.
Hai uns días, En Marea saudaba a intervención do Tribunal de contratos para os servizos de terapias respiratorias con contratos á baixa, o xeito elixido polo Partido Popular para continuar cos recortes e sobre os que planea a sospeita de adxudicación a empresas amigas. Neste caso de feito a empresa que máis probablemente sexa a nova adxudicataria é o antigo responsable de INAER. “As condicións esixidas polo goberno galego non redundan nunha mellora da calidade do servizos senón todo o contrario pero si supón unha mellora dos beneficios das empresas adxudicatarias” denunciou.
A empresa que semella será a nova adxudicataria será unha empresa de recente formación baixo a dirección de Luís Miñano, antigo presidente de Inaer que foi condenada ao pago de 9 millóns de multa entre outras cuestións por evasión fiscal. “Non nos vale calquera tipo de contratación” salientou o voceiro de En Marea asegurando que o seu grupo vai chegar ao final para saber porque razón escribíronse estes pliegos técnicos reducindo a seguridade e non se fai en base o servizo público.
“Non podemos permitir que nin pilotos, nin tripulación nin pasaxe teñan que voar con menos seguridade do que o fan agora” engadiu Villares quen destacou tamén que a empresa que supostamente será a nova adxudicataria foi adxudicataria deste servizo en Aragón o pasado ano e está sendo investigada na actualidade por graves irregularidades no servizo.
Enlace ao informe técnico do expediente de contratación do servizo de transporte sanitario urxente aérea para a Fundación pública de urxencias sanitarias de Galicia 061:
https://www.dropbox.com/s/37dxl5uytrb5hcv/INFORMES%20HELICOPTEROS%20061.pdf?dl=0