Estás aquí: Inicio » En Marea denuncia a actitude do presidente do Parlamento e a mordaza imposta para agochar o drama da sanidade pública
O Parlamento de Galicia nega as súas salas para uso da oposición
O PP só quere escoitar o que lle convén sobre Sanidade e pretende que o Parlamento de Galicia sexa igual. O Parlamento prohibiu a todos os grupos da oposición utilizar unha sala para celebrar a comisión alternativa de Sanidade. O presidente, Miguel Santalices, non só non quixo escoitar as razóns da oposición senón que dixo que se ía cambiar o regulamento para que a oposición nin sequera puidera pedir esas salas. Esta é a maneira en que o PP entende a democracia. Luís Villares
Publicada por En Marea en Jueves, 27 de diciembre de 2018
En Marea denuncia a mordaza imposta polo Partido Popular a través do presidente do Parlamento de Galicia para impedir que na Cámara galega pudiese coñecerse o auténtico drama que atravesa a sanidade pública. Luís Villares denuncia a actitude de Miguel Santalices, que de ningún xeito actuou como o representante do conxunto dos grupos parlamentarios que é ao impedir que a oposición puidese empregar unha das salas do Pazo do Hórreo para celebrar a comisión alternativa sobre a situación do sistema sanitario galego.
“Hai unha palabra que non poden amordazar, que é a da xente que está protestando porque a sanidade pública está sendo desmantelada a golpe de precarización e a golpe de desvío de fondos públicos para a privada. E como na rúa non poden calar a toda a xente que protesta, veñen ao Parlamento a acalar as voces que queren dar conta do drama que supoñen os recortes, a privatización e o facer un negocio daquelo que tiña que ser un servizo público”. Así explica o voceiro de En Marea a inaceptable situación recentemente vivida na Cámara galega, cando os tres grupos da oposición se viron privados de acceder á sala na que tiñan previsto celebrar a primeira sesión das xornadas alternativas sobre sanidade.
Para Luís Villares, o proceder do presidente do Parlamento resulta totalmente inaceptable, e coloca a Miguel Santalices “non como o presidente da Cámara que é, senón de parte do Partido Popular”.
O veto imposto pola presidencia do Parlamento ao pechar a sala na que estaba previsto celebrar a nomeada sesión; na que compareceron o voceiro da familia do falecido este verán no PAC da Estrada e dous representantes do persoal sanitario; supón “un atrápelo democrático” sen precedentes. “Por primeira vez na historia actividades paralmentarias impulsadas polos grupos da oposición en salas do Parlamento cun tamaño acorde ás necesidades foron denegadas por motivos políticos. Única e exclusivamente porque ao Partido Popular non lle gustaba do que iamos falar”. Así o indica Luís Villares, que bota a vista atrás para lembrar actividades similares impulsadas no pasado; como as xornadas sobre xestión do territorio organizadas pola propia En Marea como alternativa á comisión parlamentaria sobre os incendios forestais; que para nada recibiron un trato análogo e pudieron celebrarse sen problemas.
Para Villares resulta claro que desta vez o tema a tratar “importa demasiado, porque se quere ocultar o drama” que atravesa a sanidade pública debido á xestión do Partido Popular. “Aquí morreu xente como consecuencia dos recortes e non se quere falar diso, nin na Comisión nin na Cámara”, indica o voceiro de En Marea, que denuncia un proceder que unicamente pode calificarse de “atropelo, unha verdadeira vergoña xurídica e un uso partidista dunha institución que tiña que ser de todas”.