Estás aquí: Inicio » En Marea critica a covardía de Feijóo co traslado de Rubial e insiste en que o cese
Audio declaracións Luís Villares: DeclaracionsVillaressobreRubial.m4a
Santiago, 5 de xullo de 2019.- En Marea valora o traslado de Félix Rubial á Área sanitaria de Ourense como unha operación cosmética claramente decepcionante. “Estamos ante un acto de covardía política do presidente Feijóo”, asegura o voceiro de En Marea, Luís Villares, que insiste en que este intercambio de caras nas EOXI de Vigo e Ourense non dá solución á grave situación na que está a Atención Primaria en Galicia.
“Ourense non se merece un xerente que oculta información, que está sendo protexido polo presidente da Xunta polo caso da Hepatite C e que causou un desastre na Atención Primaria da área de Vigo”, critica Luís Villares.
En Marea lembra que o Goberno galego tiña que ter cesado fulminantemente ao agora ex xerente da EOXI de Vigo ante as dimisións dos xefes de servizo de Atención Primaria da súa Área sanitaria. “Exisímoslle a Feijóo o cese inmediato de Rubial, que ten que asumir as súas responsabilidades”, salienta Villares.
“O importante non son os políticos senón as políticas e o relevo de Rubial por García Comesaña non vai modificar as desastrosas políticas aplicadas en Sanidade por Feijóo”, apunta Villares. O voceiro destaca ademais que Ourense “non se merece” ver mermada a súa área sanitaria pola mala xestión de Rubial.