Estás aquí: Inicio » En Marea comprométese a seguir denunciando en Bruxelas a ampliación da depuradora dos Praceres
Xoán Hermida, candidato por En Marea-Compromiso por Europa ás eleccións europeas durante o encontro coa veciñanza de Lourizán, Pontevedra
No marco do encontro que Marea Pontevedra mantivo na praza dos Praceres coas veciñas e veciños de Lourizán, a parroquia máis castigada de Pontevedra, o candidato ás europeas por En Marea-Compromiso por Europa, Xoán Hermida, comprometeuse a seguir denunciando en Bruxelas a ampliación da macrodepuradora de Praceres que incumple a directiva 91/271 sobre o tratamento de augas residuais, ademais de entender que se trata dun fraude ao facerse para cumplir unha condena dos tribunais europeos do 2016 e facelo con fondos FEDER.
No mesmo acto, o candidato á alcaldía, Luís Rei, degranou as propostas de Marea Pontevedra para revitalizar a parroquia e “recuperar o paraíso roubado”, e precisou que para iso tomarán medidas apartir do 26 de maio, para recuperar para a xente a fachada do litoral en Lourizán, como única opción posible para solucionar os problemas que sofre. “Chegou a hora de construír o Parque da Dignidade, de impulsar o soterramento do tren ao seu paso pola praza dos Praceres e por iniciar a recuperación da Ría, impedindo a ampliación da depuradora e obrigando a ENCE a devolver os terreos que ocupa ao seu estado natural”.