Estás aquí: Inicio » En Marea chama ás inscritas a participar nas primarias que se desenvolverán na fin de semana
En Marea fai un chamamento para que todas as persoas inscritas se pronuncien e tomen parte activa no proceso de primarias que se desenvolverá a vindeira fin de semana. Dende o venres 8 ás 9:00 ata o domingo 10 de marzo ás 23:59 estarán abertas as votacións para o deseño das candidaturas coas que a formación concorrerá ás próxima eleccións xerais e europeas. A elección realizarase empregando o sistema de preferencia Borda, segundo o cal cada inscrita poderá pronunciarse sobre o posto que as distintas candidatas ocuparán nas listaxes definitivas que se presentarán ao Congreso dos Deputados, ao Senado e ao Parlamento Europeo.
En Marea presentou este martes ás integrantes das candidaturas que participarán no proceso de primarias previo aos próximos comicios xerais e europeos. A formación confía en que as inscritas se pronuncien de xeito masivo para decidir a orde dos listados para as eleccións que se celebrarán nos vindeiros meses de abril e maio. Un proceso electoral ao que a formación aspira a chegar cunha candidatura “froito da cooperación, que dea mostra do seu carácter plural e transversal”, tal e como destacou a candidata pola Coruña ao Congreso, Ana Seijas. Quen incidiu na necesidade de participación para conseguir levar a voz da xente da rúa ás institucións” a través dun proxecto “100% galego, sen tutelas, de país. Non queremos que ninguén decida por nós. Queremos decidir dende Galicia para Galicia”, afirmou.
A candidata ao Congreso por Pontevedra, Iris Malvido, destacou a actual posición de En Marea como segunda forza política en Galicia. Unha situación que a viguesa ve necesario aproveitar para impulsar políticas que permitan reverter a complicada situación socioeconómica, a precariedade e as estadísticas desoladoras que afectan especialmente a mulleres e mocidade. “Temos todo na nosa man para cambiar a situación, poñer o Congreso e o Senado patas arriba e poñer toda a enerxía e creatividade ao servizo da mocidade, dos maiores, dunhas pensión dignas e dunha sanidade e educación públicas de calidade”.
Tamén o candidato ourensán ao Senado, Millán Brea, incidiu na necesidade de traballar para reverter o elevado índice de emigración xuvenil, así como o avellentamento que afecta ao conxunto da Comunidade e que ten especial incidencia na súa provincia. “É momento de recuperar a ilusión. O Senado non pode ser o premio para a xente que leva anos en política, senón unha cámara activa” ao servizo da cidadanía, indicou.
Pola súa banda, a lucense Critina Pérez Herraiz puxo o foco na necesidade dunha maior interrelación entre o municipalismo e a política de ámbito nacional. “O municipalismo non pode existir sen un proxecto nacional, e un proxecto nacional non pode existir sen o municipalismo”, indicou a candidata ao Congreso; que amosou a súa vontade de traballar para “trasladar as inquedanzas e as problemáticas do día a día á Cámara dos Deputados e impulsar políticas cercanas á cidadanía, que permitan recuperar os dereitos, as liberdades e o benestar perdido”.
Por último lembramos os nomes das candidatas que participarán neste proceso de primarias:
ELECCIÓNS EUROPEAS 2019
Cabeza de lista:
María Lídia Senra Rodríguez
CANDIDATURA:
Sandra Pesqueira Pérez (MARIN – PONTEVEDRA)
Xoán Hermida González (PONTEVEDRA)
Celsa González Ogando (SANTIAGO – A CORUÑA)
José Manuel García González (RAIRIZ DE VEIGA – OURENSE)
Olga Otero Gómez (CHANTADA – LUGO)
Xabier Janeiro Cortés (BETANZOS – A CORUÑA)
María José Conde Seguín (OURENSE)
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez (FOLGOSO DO COUREL -LUGO)
Davide Rodríguez Estévez (MANZANEDA – OURENSE)
SUPLENTES:
Sofía Abal Sanabria MARIN – (PONTEVEDRA)
Luz Marcos Buján OLEIROS – (A CORUÑA)
Benjamín Balboa Cereijo (SAMOS – LUGO)
Pila Saavedra Codesido (MONFORTE – LUGO)
María Estefanía Otero Rivas (FOZ – LUGO)
ELECCIÓNS XERAIS 2019
LISTAXE A CORUÑA
CONGRESO
Ana Seijas Baranauskas
Francisco Casal Vidal
María Chao Martínez
Adrián Dios Vicente
Carmen Fernández Ríos
Carlos Neira Suárez
Alba Nogueira López
Daniel Oca González
SENADO
María Dolores Candedo Gunturiz
Xosé Manuel Pérez Sardiña
Eva López Soto
Pablo Meira Cartea
LISTAXE LUGO
CONGRESO
María Cristina Pérez Herraiz
Javier Arca Uria
María Teresa Burgo García
Iván López López
SENADO
María Victoria Esteban Riesco
Manuel Germade Mayo
María Emma Rodríguez Blanco
Jose Carlos Baliñas Pérez
LISTAXE OURENSE
CONGRESO
Iván Olmos Ferreiro
Iolanda Pérez Docampo
Jorge Vázquez Rodríguez
Sonia Couso Fernádez
SENADO
Milán Brea Castro
Ana García Earley
Jorge Lorenzo Vila
María Isabel Fernández Suevos
LISTAXE PONTEVEDRA
CONGRESO
Iris Malvido Lago
Manuel González Moreira
Peque González
Eladio Juan Torres Castro
María del Mar Blanco Casais
Gaspar Antonio González Somoza
María Teresa Pérez González
SENADO
María del Carmen (Mari) Camiña Vázquez
Xulio Villanueva González
Silvia Díaz Iglesias
Xoan Lois Vila Pinel
O vindeiro luns, 11 de marzo, daranse a coñecer os resultados definitivos.