Estás aquí: Inicio » En Marea calcula que a Xunta deixará de ingresar 18 millóns de euros pola rebaixa fiscal ás grandes fortunas
Luís Villares pregunta a Feijóo a que se deben estes “favores fiscais” que impiden atender ou mellorar servizos como educación ou sanidade
Audio Luís Villares:
https://www.dropbox.com/s/tu7cczxnikwot0o/Sesi%C3%B3n%20de%20control%207-11-18%20Lu%C3%ADs%20Villares.mp3?dl=0
Intervención completa de Luís Villares: https://www.youtube.com/watch?v=CjMxlW1zRSY
Santiago, 7 de novembro de 2018.- A rebaixa de impostos anunciada pola Xunta de Galicia para o vindeiro exercicio fiscal só é unha rebaixa de impostos para as grandes fortunas e patrimonios en Galicia. Luís Villares preguntou ao presidente da Xunta de Galicia sobre os motivos desta rebaixa que só supón facer “favores fiscais” a xente que non o “necesita” e que impide mellorar ou atender servizos que demostran día a día que están necesitados de máis inversión como a sanidade ou a educación.
En Marea calcula que o que a Xunta de Galicia deixará de ingresar nos vindeiros orzamentos por estes favores fiscais rondará os 18 millóns de euros, nun panorama sociolaboral en Galicia moi duro e que a “propaganda do PP non pode disimular”. Esta medida só afectará a pouco máis 7.000 persoas, as máis ricas de Galicia, que teñen un patrimonio de 9.000 millóns de euros e un patrimonio medio de 1,28 millóns.
Para o voceiro de En Marea, Luís Villares, estas cifras e esta decisión do PP contrasta coa situación da economía galega e dos sectores de servizos. Esta medida suporá, segundo Villares, “un incremento da desigualdade económica e social, agrandando os privilexios dos máis ricos”. Para o voceiro, a situación de Galicia requeriría doutros medidas. En Galicia “hai 77.100 persoas con emprego menos que antes da recesión, e máis precariedade, porque todo o emprego asalariado creado dende 2013 ten contrato temporal, polo que a taxa de temporalidade supera o 26,8%”. Engadiu tamén na súa intervención que a metade da clase traballadora “é precaria, porque o 26,8% ten un contrato temporal, o (13,8%) traballa a tempo parcial e o 16% rota entre o desemprego e o traballo precario”. Segundo sinalou Villares, “as mulleres e a xente nova sofren aínda máis esta precariedade con taxas que superan o que unha sociedade moderna pode consentir”.
Tamén se referiu Luís Villares ao emprego “postrecesión”, “un emprego que empobrece, a xente que traballa gaña menos que antes: fíxese: As persoas que mantiveron os seus empregos perderon de media o 8% do seu poder adquisitivo, pero os que o perderon e atoparon outro perderon o 29% do seu salario real”.
En claro contraste coa decisión fiscal da Xunta de Galicia o panorama do país explica que “son algo máis de 1,2 millóns de persoas as que conforman o universo da precariedade”. Un universo formado non só polos traballadoras, senón tamén polas súas familias. Para o voceiro de En Marea, “nesta situación, espérase dun goberno con sensibilidade social unha actuación firme e decidida a prol da cohesión social, da loita contra a precariedade, e políticas públicas que superen esta situación”.
Villares sinalou que en lugar de atender estas necesidades, “a medida estrela dos orzamentos de Feijoo é a baixada de impostos… ben.. a quen se lle baixan os impostos? Collamos o imposto sobre o patrimonio, que sofre a máis grande das rebaixas. Que grava o imposto sobre o patrimonio?A RIQUEZA EN ESTADO PURO, ser propietario de bens e dereitos de contido económico, unha vez deducidos cargas e gravames, e as débedas e obrigas persoais ás que deba facer fronte”.
O voceiro de En Marea considera que esta rebaixa “é un favor fiscal” que supón que “mentres a xente normal non chega a fin de mes, Feijoo regálalles millóns de euros aos ricos”. Os datos deste “favor fiscal” son os seguintes:
En conxunto, estes “favores fiscais” van supoñer que no orzmanento vindeiro van recadarse arredor de 18 millón de euros. Un favor a pouco máis de 7.000 persoas mentres que o 40% da poboación de Galicia non chega a fin de mes.
Luís Villares lembrou algúns datos máis do que significa esta renuncia a recadar 18 millóns de euros das fortunas máis ricas. Con estes 18 millóns se poderán pagar anualmente:
3.718 risgas
60.000 gardas médicas de 17 horas en PAC’s como o de A Estrada
En Galicia hai 108.000 persoas en situación de probreza severa, con ingresos inferiores a 342 euros ao mes. Con estes 18 millóns poderían vivir 54.000 persoas, a metade da poboación máis necesitada de Galicia.