Estás aquí: Inicio » En Marea apoia moratoria no control de accesos á Illa de Ons imposto pola Xunta
Ana Seijas: “Non se entende o de poñer a tirita antes da ferida, se lles está negando o acceso libre aos residentes de Ons”
Santiago, 24 de xullo de 2019.- A vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, participou esta mañá nunha reunión convocada pola Corporación Municipal de Bueu para falar da problemática xenerada polas medidas restrictivas de acceso á Illa de Ons por parte da Xunta de Galicia, que xa están en vigor.
“Non se entende o de poñer a tirita antes da ferida. Non se constatou que houbese ningún problema real de afluencia de persoas á illa e o que se está a facer é restrinxir os dereitos das persoas residentes, ás que se lles está negando o acceso libre”, sinalou Ana Seijas.
Seijas explicou que as novas medidas restrictivas postas en marcha pola Xunta son “unha interpretación” do PRUX na que se fai unha estimación das persoas que poderían ter acceso á illa. “Con este sistema de carnets hai persoas dunha mesma familia que non poden acceder”, apuntou.
A vicevoceira de En Marea apoiou na reunión, xa que non hai informes que avalen este sistema de acceso a Ons imposto pola Xunta, a petición dunha moratoria da entrada en vigor deste modelo de control de accesos ás persoas da illa as súas casas.
“Entendemos que hai que defender o patrimonio natural e paisaxístico, pero non nos esquecemos do patrimonio etnográfico e cultural que segue vivo grazas ás persoas da illa que manteñen viva a tradición. As veciñas e veciños de Ons son os garantes da supervivencia da illa no futuro”, asegurou Seijas.
Na mesma liña, Ana Seijas instou á Xunta a dialogar coas persoas residentes en Ons e reclamou que se teñan en conta as súas reivindicacións antes de implantar medidas unilaterais.
En Marea comprométese a levar ao Parlamento todas as cuestións relativas a este asunto que afecta directamente ao día a día dos residentes en Ons e das súas familias e amizades.
Por outra banda, Xulio Villanueva, vicealcalde e voceiro de ACB Bueu, afirmou que non se pode deixar de lado o “sentimento de perda de identidade que ten a xente da illa de Ons”.
Ademais, Villanueva quixo lembrar que as veciñas de Ons teñen máis problemas coa xestión por parte da Xunta. “Hai unha EDAR que non funciona nin dous días seguidos”, sinalou. Un asunto, o da depuradora de Ons, que En Marea levará ao Parlamento de Galicia.
Da reunión de hoxe no Concello de Bueu, según explicou o vicealcalde, sae a vontade de crear unha mesa de diálogo coas veciñas na que participen os representantes da corporación municipal, a Xunta e os diferentes grupos parlamentares galegos.