Estás aquí: Inicio » En Marea alédase pola declaración da disolución definitiva de ETA que supón a vitoria do pobo vasco por unha resolución pacífica dos conflictos
Un comunicado emitido hoxe ao mediodía desde Xenebra por mediadores internacionais pon punto e final a 50 anos de loita armada de ETA. Segundo a declaración, a organización vasca adopta esta medida “para favorecer unha nova fase histórica. ETA xurdiu do pobo e disólvese nel”, suliñan. Tras este anuncio, dende En Marea non podemos máis que aledarnos pola declaración de disolución definitiva de ETA.
O desmantelamento é froito do traballo colectivo do pobo vasco por unha resolución pacífica dos conflictos, é resultado da aposta pola creación colectiva de novos marcos de convivencia, marcados polo recoñecemento do dano causado, a pacificación e a reconstrucción e reconciliación sociocomunitaria.
O comunicado de ETA é a vitoria do pobo vasco en crear un novo espazo de relacións ónde coexisten e se respetan diferentes opcións políticas, todas lexítimas e todas democráticas.
O diálogo e a negociación son sempre o camiño.