Estás aquí: Inicio » Eleccións ao Consello das Mareas e da Comisión de Garantías
O calendario para a elección do Consello das Mareas e da Comisión de Garantías será o seguinte:
Sábado 27 de outubro: Celebración do Plenario no que se aprobará o Regulamento.
Martes 20 de novembro, 10:00 horas: Apertura do prazo de presentación de candidaturas.
Venres 23 de novembro, 23:59 horas: peche do prazo de presentación de candidaturas e do censo para a elección do Consello das Mareas e da Comisión de Garantías
Sábado 24 de novembro : proclamación provisional das candidaturas e apertura do prazo de 24 horas desde a súa publicación para a subsanación de erros e/ou presentación de reclamacións
Luns 26 de novembro: resolución de reclamacións por parte do comité electoral e proclamación definitiva de candidaturas.
Martes 27 de novembro, 00:00 horas: Inicio da campaña electoral.
Venres 30 de novembro, 23:59 horas: remate da campaña electoral.
Sábado 1 de decembro, 09:00 horas: inicio do período de votación nas eleccións ao consello das mareas e á Comisión de Garantías.
Luns 3 de decembro, 09:00 horas: remate do período de votacións.
Luns 3 de decembro: proclamación provisional de resultados e apertura dun prazo de 48 horas para reclamacións.
Mércores 5 de decembro: proclamación definitiva de resultados e das persoas integrantes do Consello das Mareas e da Comisión de Garantías.
Sábado 8 (ou 15) de decembro: Constitución do Consello das Mareas
O correo para a presentación de candidaturas será o seguinte: eleccionconsello@enmarea.gal