E.X. 2019 - Senado - Pontevedra | En Marea

E.X. 2019 – Senado – Pontevedra

Estás aquí: Inicio » E.X. 2019 – Senado – Pontevedra

mcami

Mari Camiña


Información
Nacín en Vilalonga (Sanxenxo), ano 1.975. Cursei o Bacharelato no IES Vilalonga, e estudei na Escola de Estudos Empresariais de Torrecedeira (Vigo) e na Facultade de Administración e Dirección de Empresas da UNED, onde me especialicei en Finanzas, Dirección, Contabilidade e Auditoría de Contas. Durante máis de 20 anos traballei no sector turístico; durante tres anos desempeñei o cargo de asesora financeira e dende o ano 2.009 traballo na docencia: cursos de informática, clases de apoio... Son membro da Asociación Plataforma Veciñal Sanxenxo, da Asociación Peludos Invisibles de Sanxenxo e da Plataforma Pola Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo. Preséntome a esta candidatura, porque creo na defensa do traballo digno, da sanidade pública e de calidade, dos proxectos de I+D+i galegos; porque quero que a nosa xente, aquela que está emigrada, poida volver. Creo, en definitiva, nun proxecto polo ben común, que contemple e faga posible que o que os galegos e galegas defendemos a pé de rúa, sexa defendido tamén nas institucións.
xvilla

Xulio Villanueva


Información
Concelleiro en Bueu, membro directivo do Consello Regulador Mexillón de Galicia DOP. Bateeiro e pouco máis. Aínda que para min o senado non sería necesario é o gran esquecido da política. Ten máis funcións e competencias do que a xente cre e consideramos que sendo unha figura obsoleta hai que quitarlle esa maioría absoluta que ten normalmente o PP, cando menos na Galiza.
sdiaz

Silvia Díaz


Información
Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo. Compaxino o meu traballo como profesora de idiomas coa tradución, a política municipal e o meu compromiso coa lingua e a cultura propias, o feminismo e a loita contra as desigualdades. Son unha das fundadoras de Avante Poio. Participo na candidatura ‘O mar non ten cancelas’ porque quero que a voz das galegas teña o mellor altofalante: o de persoas que acreditan nas potencialidades do noso país e traballan -dende a transparencia, a radicalidade democrática e a participación directa- para convertelas en realidade.
xlvila

Xoán Lois Vila


Información
X