E.X. 2019 - Senado - Ourense | En Marea

E.X. 2019 – Senado – Ourense

Estás aquí: Inicio » E.X. 2019 – Senado – Ourense

mbrea

Millán Brea


Información
Son educador social, e docente na Universidade de Vigo.
En canto aos meus estudos, son Doutor en Ciencias da Educación, licenciado en Pedagoxía e diplomado en Educación e Traballo Social. No meu día a día, colaboro activamente en numerosos proxectos de carácter social, como a asociación universitaria AUCE, o proxecto ‘o baloncesto educa’, ou a escola de tempo libre.
anagarcia

Ana García Earley


Información
Son profesora no instituto de Trives. Participo do movemento asociativo de Trives, tocando e cantando nun grupo de música tradicional e facendo teatro para pequenas e maiores. Penso que, como dicía Galeano, ‘moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, podemos cambiar o mundo’.
suevos

María Isabel Fernández Suevos


Información
Técnica en xestión dos recursos naturais e paixasísticos. Compaxino o meu traballo estacional como xefa de brigada de prevención e extinción de incendios forestais, cun proxecto persoal de produción ecolóxica. Implicada na loita polo noso patrimonio natural, colaboro con diferentes accións medioambientais.
jlorenzo

Jorge Lorenzo Vila


Información
Nacín en Laza en 1984.
Estudei Técnico en xestión administrativa, polo que traballo no Sergas dende xuño de 2007 ata agora. Son candidato nas Primarias de EnMarea para que se defenda unha sanidade pública, de calidade e proximidade, tamén no rural.
X