E.X. 2019 - Congreso - Pontevedra | En Marea

E.X. 2019 – Congreso – Pontevedra

Estás aquí: Inicio » E.X. 2019 – Congreso – Pontevedra

imalvido

Iris Malvido


Información
Muller, moza. Xeración Xabarín. Emigrada e retornada. Licenciada en psicoloxía nas especialidades social e clínica, con máster en psicoloxía forense e intervención social. O meu traballo de fin de máster en materia de investigación foi sobre "Resiliencia, adolescencia e conducta antisocial". Fixen prácticas cómo psicóloga en institucións penitenciarias, na unidade de psicoloxía forense e no ámbito de drogodependencias. Estiven de erasmus en Italia, e o rematar a carreira vivín e traballei en Inglaterra e Australia. Traballei en Inglaterra no ámbito de menores con rapazas e rapaces con problemas de conduta, trastornos alimentarios e trastornos do espectro autista. Tamén traballei con Acnur, como profesora de castelán e no sector servizos como camareira, auxiliar de cociña, limpadora e nunha axencia de viaxes. Na actualidade estou preparando oposicións. Participante na candidatura cidadá Manifesto Miñor, onde tiven a sorte de compartir espazo con xente linda, diversa, comprometida co traballo en común. Preséntome ás primarias porque creo que hai que darlle voz ás galegas e galegos no Estado. Creo noutro xeito de facer política, unha política que coida a diversidade, que respecta e potencia as diferenzas, unha política pensada por e para a xente.
mgonzalez

Manuel González Moreira


Información
peque

Peque González Novoa


Información
Licenciada en psicoloxía. Orientadora e activista no ensino público. Filla, nai e avóa. Participo do movemento municipalista en Marea Pontevedra, onde aprendín que o primeiro somos as persoas. Fago parte da candidatura de En marea ao Congreso para aportar, entre outras cousas, a miña bagaxe a unha nova Lei de educación que conte con toda a comunidade educativa, que deixe de lado intereses partidarios, e poña dunha vez por todas aos nenos no centro da educación.
marblanco

Mar Blanco


Información
Licenciada en Ciencias Políticas e Sociais. Máster en Marketing Político: estratexias e comunicación política. Máster en Xestión Pública. Concelleira por Movemento Veciñal Estradense (Móvete).
“É importante fortalecer unha ferramenta que estea ao servizo do País e que impulse políticas para transformar a sociedade”.
gsomoza

Gaspar Somoza


Información
Vilagarcía de Arousa, 1974
Licenciado en Filoloxía Galega pola USC
Actor de dobraxe e músico
“Cómpre unha boa Marea que traia para a casa o que desde fóra non nos queren dar”
tperez

Teresa Pérez


Información
Data nacemento: 15/10/1978. 
Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Técnica Superior en Imaxe. Concelleira de Cultura, Ensino e Benestar Social do Concello de Salceda dende o ano 2007. Vinculada dende sempre ao mundo do folclore, formando parte e dirixindo diversos grupos de música e baile tradicional galego. Foi Coordinadora Xeral de Movemento Salceda, do cal segue a formar parte da Xunta Coordinadora. Levo 12 anos asumindo responsabilidades como Concelleira no Goberno Municipal de Salceda. Asumo participar na Candidatura ás Primarias para a lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra como unha reafirmación do meu compromiso e lealdade a Salceda e ao País que quero. Movemento Salceda aposta como marea municipalista polo proxecto nacional que encarna En Marea. Dende a nosa visión de esquerda plural e dende a nosa condición de galegos e galegos que queren facer País traballando dende os nosos Concellos.

Eladio Juan Torres


Información
Galeguista practicante e convencido, apaixonado da nosa cultura. Comprometido en colectivos culturais e sociais. Os últimos anos dedicado a Marea Pontevedra e á Plataforma da Praza dos Praceres. Os motivos que me impulsaron participar nas Primarias é poder traballar por unha xustiza e un estado de dereito igual para todos e todas. actualidade son activista tamén no cooperativismo eléctrico galego.
X