E.X. 2019 - Congreso - Ourense | En Marea

E.X. 2019 – Congreso – Ourense

Estás aquí: Inicio » E.X. 2019 – Congreso – Ourense

iolmos

Iván Olmos


Información
Ola a todas e a todos. O meu nome é Iván Olmos e preséntome nesta candidatura co obxectivo de sermos quen de levar a voz dos ourensáns e as ourensás ao Congreso dos Deputados. Preséntome, en primeiro lugar, por un forte compromiso ético e político coas maiorías sociais da nosa provincia e de todo o país. Porque xa vai sendo hora de termos unha representación digna que sexa quen de poñer enriba da mesa os problemas máis relevantes da nosa sociedade: a despoboación, o noso sector agrogandeiro, o noso medio rural, as nosas infraestruturas... Preséntome tamén porque coido que vai sendo hora de darmos un paso adiante en defensa da nosa mocidade. Unha mocidade precaria que se ve obrigada a emigrar ao sermos quen de lle ofrecer un futuro laboral digno en Ourense. Preséntome, en definitiva, porque considero que non podemos seguir mirando ao futuro con pesimismo. Porque Ourense debe tomar un papel protagonista no actual momento político. E porque llo debemos a meirande maioría da nosa sociedade. Sen saírmos da rúa, queremos construír un futuro máis xusto para Ourense. Un futuro ilusionante no que ninguén quede atrás. Por iso vos pido o voso apoio neste proceso de primarias. Por unha marea autónoma e cos pés na terra. Iván Olmos Ferreiro (Xinzo de Limia, 1994) é Graduado en Comunicación Audiovisual pola USC, con estudos en Ciencia Política e da Administración e mestrado en Administración e Dirección de Empresas. Mareante en Xinzo Adiante dende o seu nacemento, foi tamén moi activo na loita do movemento estudantil contra a LOMCE e por unha universidade pública, galega, feminista e de calidade durante a súa etapa universitaria. Tamén estivo presente na plataforma Corno do Monte contra o proxecto mineiro que pretendía arrebatar ás limiás e limiáns as súas terras para llas entregar ao lucro privado. Na actualidade exerce como director de comunicación e marketing dunha pequena empresa tecnolóxica galega.
ioperez

Iolanda Pérez


Información
Nacín hai 36 anos en Ourense, cidade na que vivo actualmente. Son mestra de primaria e teño formación en pedagoxía, pero tamén explorei diferentes campos como as linguas, as AA.PP., o eido da comunicación, do feminismo, etc., son unha persoa curiosa. Levo máis de 20 anos en política e no activismo social: primeiro en Galiza Nova e nos CAF, despois no BNG co que tiven a oportunidade de responsabilizarme da área de vivenda e rehabilitación do concello de Ourense. Tiven diferentes responsabilidades locais e nacionais nas organizacións onde militei ata chegar a En Marea, onde son militante de base. Son socia de diferentes colectivos e asociacións do país. Actualmente traballo como titora pedagóxica nun centro de preparación de oposicións desde hai 5 anos e tamén imparto clases de portugués e lingua galega.
sonia

Sonia Couso


Información
Son Sonia Couso Fernández, teño 44 anos. Son nai, cooperativista, feminista e rural. A miña infancia e mocidade transcorre en Valdeorras, entre os montes de Casaio e o soutos de Robledo. O Ribeiro, acolleume e fixo que me apaixoara o mundo do Viño e a súa cultura, pero foi en Manzaneda onde se materializou o proxecto cooperativista que me devolveu á miña orixe rural e ecoloxista. Estudei ciencias económicas na Coruña onde empezou a miña militancia no movemento ecoloxista no que estiven participando activamente ata que chegou o meu segundo fillo.
jvazquez

Jorge Vázquez


Información
Son Jorge Vázquez, Concelleiro de Son de Trives-En Marea. Son empregado en Iberdrola. Subcoordinador en Protección Civil e colaborador con diversos movementos veciñais de Trives dende hai moitos anos. Creo e defendo que o rural existe e ten futuro.
X