Información sobre tratamento de datos para as doazóns a En Marea.
As doazóns e a tramitación das mesmas, precisan do tratamento dos datos persoais da persoa doante por parte de EN MAREA, como responsable do tratamento, para a correcta formalización e xestión das mesmas. As doazóns faranse a través da plataforma tecnolóxica e sistema informático do partido. En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, a continuación facilítase a información relativa ó tratamento de datos para a subscrición e xestión das doazóns a EN MAREA
1. Responsable do tratamento:
EN MAREA
C.I.F: V70498191
PRAZA HORTA DE ABAIXO 5B-4A
15220 – BERTAMIRÁNS, AMES (A Coruña)
Delegada de Protección de Datos: dpd@enmarea.gal
comisiondegarantias@enmarea.gal
2. Finalidade do tratamento dos datos:
- Xestión das doazóns para colaborar á financiamento da campaña electoral de En Marea.
- Xestión de cobros a través das entidades bancarias.
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para o cumprimento das obrigacións legais esixibles a En Marea de conformidade coa lexislación aplicable ós partidos políticos e a súa financiamento, así como o prazo para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar desta finalidade.
3. Lexitimación do tratamento (base xurídica)
• O Consentimento expreso da persoa interesada.
• O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigacións legais derivadas de, entre outras, as seguintes normas:
• Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral
• Lei Orgánica 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos
• Lei Orgánica 8/2007, de 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos políticos
• Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno
• Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
4. Destinatarios de cesións ou transferencias de datos
Os datos serán tratados polos órganos do partido encargados da xestión de finanzas e transparencia, así coma polos fornecedores de servizos que como encargados do tratamento podan acceder ós datos tendo ofrecido garantías suficientes para aplicar medidas técnicas e organizativas apropiadas, de xeito que o tratamento sexa conforme ós requisitos da normativa e garanta a protección dos dereitos da persoa interesada.
Os datos só se comunicarán para dar cumprimento ó contrato, as entidades financeiras, e, por obrigación legal, ós organismos públicos competentes en materia electoral, fiscal e de control da actividade dos partidos políticos, nos seguintes casos:
• Declaracións tributarias á Axencia Tributaria
• Información requirida pola Xunta Electoral, ou Tribunal de Contas, nos casos previstos na Lei
• Requirimentos de autoridades ou órganos xudiciais.
Non se levarán a cabo transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrezan garantías axeitadas
En Marea non leva a cabo procedementos de decisións automatizadas nin elabora perfís coa información proporcionada.
5. Dereitos das persoas interesadas
As persoas interesadas teñen dereito a acceder ós seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fines para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso, unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, En Marea deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento de funcións ou obrigacións legalmente establecidas, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento da persoa interesada, esta ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
A persoa interesada pode exercitar os seus dereitos enviando unha solicitude por correo electrónico á dirección lopd@enmarea.gal. Axuntando copia dun documento que acredite a súa identidade (DNI, NIE, pasaporte ou outro documento legal que permita acreditar de forma inequívoca a súa identidade).
No caso de que a persoa interesada estime que non se está a facer un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante a Delegada de Protección de Datos designada por En Marea (dpd@enmarea.gal) ou ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).