Información sobre tratamento de datos para préstamos e microcréditos en favor de En Marea.
A subscrición dos microcréditos, e a tramitación dos correspondentes contratos de préstamo ou doazón, precisa do tratamento dos datos persoais de quen o subscribe, ou doante, por parte de EN MAREA, como responsable do tratamento, para a correcta formalización e xestión do contrato. A subscrición dos microcréditos farase a través da plataforma tecnolóxica e sistema informático do partido. En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, a continuación facilítase a información relativa ó tratamento de datos para a subscrición e xestión dos microcréditos de EN MAREA:
1. Responsable do tratamento
EN MAREA
C.I.F: V70498191
PRAZA HORTA DE ABAIXO 5B-4A
15220 – BERTAMIRÁNS, AMES (A Coruña)
Delegada de Protección de Datos: dpd@enmarea.gal
comisiondegarantias@enmarea.gal
2. Finalidade do tratamento dos datos:
• Xestión da subscrición de microcréditos para colaborar á financiamento da campaña electoral de En Marea.
• Execución e control dos contratos de subscrición de microcréditos e envío de comunicacións á persoa interesada relativas a execución do contrato.
• Xestión de cobros e devolucións a través das entidades financeiras
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para o cumprimento do contrato de microcrédito e das obrigacións legais esixibles a En Marea de conformidade coa lexislación aplicable ós partidos políticos e a súa financiamento, así como o prazo para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar desta finalidade
3. Lexitimación do tratamento (base xurídica):
• O Consentimento expreso da persoa interesada.
• O tratamento é necesario para a execución do contrato de microcrédito ou préstamo no que a persoa interesada é parte.
• O tratamento tamén é necesario para o cumprimento de obrigacións legais derivadas de, entre outras, as seguintes normas:
• Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral
• Lei Orgánica 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos
• Lei Orgánica 8/2007, de 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos políticos
• Lei 19/2013, de 9 de decembro, de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno
• Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
4. Destinatarios de cesións ou transferencias de datos:
Os datos serán tratados polos órganos do partido encargados da xestión de finanzas e transparencia, así coma polos fornecedores de servizos que como encargados do tratamento podan acceder ós datos tendo ofrecido garantías suficientes para aplicar medidas técnicas e organizativas apropiadas, de xeito que o tratamento sexa conforme ós requisitos da normativa e garanta a protección dos dereitos da persoa interesada.
Os datos só se comunicarán para dar cumprimento ó contrato, as entidades financeiras, e, por obrigación legal, ós organismos públicos competentes en materia electoral, fiscal e de control da actividade dos partidos políticos, nos seguintes casos:
• Comunicación de datos económicos e bancarios a entidades financeiras para a xestión dos microcréditos
• Declaracións tributarias á Axencia Tributaria
• Información requirida pola Xunta Electoral, ou Tribunal de Contas, nos casos previstos na Lei
• Requirimentos de autoridades ou órganos xudiciais.
Non se levarán a cabo transferencias a terceiros países u organizacións internacionais que non ofrezan garantías axeitadas
En Marea non leva a cabo procedementos de decisións automatizadas nin elabora perfís coa información proporcionada.
5. Dereitos das persoas interesadas:
As persoas interesadas teñen dereito a acceder ós seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fines para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso, unicamente conservarémolos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, En Marea deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento de funcións ou obrigacións legalmente establecidas, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento da persoa interesada, esta ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
A persoa interesada pode exercitar os seus dereitos enviando unha solicitude por correo electrónico á dirección lopd@enmarea.gal. Axuntando copia dun documento que acredite a súa identidade (DNI, NIE, pasaporte ou outro documento legal que permita acreditar de forma inequívoca a súa identidade).
No caso de que a persoa interesada estime que non se está a facer un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado por En Marea (dpd@enmarea.gal) ou ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es)
Contrato civil con En Marea para subscrición de microcréditos para campañas electorais 2019
CONDICIÓNS XERAIS DO CONTRATO CIVIL DE SUBSCRICIÓN DE MICROCRÉDITOS
1. El partido político EN MAREA, con C.I.F: V70498191, con domicilio social na PRAZA HORTA DE ABAIXO 5B-4A C.P.15220 – BERTAMIRÁNS, AMES (A Coruña), ofrece para a súa subscrición por particulares un Préstamo Civil de acordo coas seguintes Condicións Xerais e o disposto no Código Civil.
2. A cantidade máxima a subscribir nominalmente por calquera persoa física non poderá superar a cantidade de 10.000 € no total das súas subscricións.
3. A cantidade total que se ofrecerá a subscrición por tódalas persoas inscritas, simpatizantes e persoas en xeral será dun máximo de cincocentosmil euros (500.000 €) que se aplicarán exclusivamente para sufragar os gastos electorais das Eleccións Xerais de 2019. Calquera persoa ten dereito a participar durante o período de subscrición en tantas subscricións como desexe ata o máximo de 10.000 € por persoa, sempre que a cantidade total indicada non estea cuberta.
4. En caso de que En Marea como formación política concorra ás eleccións nalgunha ou varias circunscricións baixo a forma de Coalición Electoral as cantidades obtidas a través do programa de Microcréditos terán sempre a consideración de achegas de En Marea á Coalición Electoral, mantendo En marea en todo caso a responsabilidade sobre o crédito e a súa devolución.
5. O período de subscrición terminará no momento no que se acade a cantidade total a subscribir e, en calquera caso, un mes despois da finalización das eleccións correspondentes. En ningún caso se poderá superar tal cantidade total nas operacións de subscrición. A non consecución da cantidade total non anulará o proceso nin afectará de ningún xeito ó resto das subscricións. As cantidades subscritas non serán reembolsables de xeito anticipado.
6. O préstamo non devindicará nin xerará intereses. En Marea efectuará a devolución das cantidades recibidas nos seguintes prazos:
a) O importe total do préstamo será devolto a quen o subscribe despois das eleccións, no momento no que En Marea cobre a subvención electoral establecida legalmente para os partidos políticos que teñan obtido representación.
b) No caso de que o total da subvención sexa inferior ó total do importe subscrito, En marea disporá dun prazo de 12 meses para reintegrar a parte non cuberta por esa subvención.
7. A subscrición non outorga ningún dereito político nin propiedade de ningún tipo máis alá dos inherentes dereitos de cobro dun préstamo civil.
8. Non haberá peticións previas de subscrición senón que a vontade de subscribir o préstamo manifestarase unicamente no momento de realizar a operación. A subscrición será nominal e non negociable, prohibíndose expresamente a subscrición a persoas xurídicas así como a venda ou negociación dos dereitos de dita subscrición e atendéndose unicamente o pago da devolución á persoa física subscritora.
9. O reembolso do total do crédito de acordo a estas condicións xerais suporá a finalización do contrato.
10. No caso de que por forza maior, causa legal ou política, suspensión electoral ou que por calquera outra causa En Marea no concorrese electoralmente a estas eleccións, considerarase resolto o contrato e En Marea devolverá o importe das subscricións ás participantes en canto esta situación fose definitiva. A non concorrencia de En Marea nalgunha circunscrición ou a súa participación en calquera tipo de Coalición Electoral non afectará a ningún dos compromisos deste contrato.
11. A subscrición terase por efectuada exclusivamente na data contable na que se obteña o importe da mesma a través da transferencia executada pola persoa subscritora. As cantidades recibidas serán depositadas na conta bancaria número. IBAN:ES15 2080 0300 8930 4558 2075 aberta a nome de En Marea para este proceso electoral en Abanca.
12. Ós efectos previstos na Lei 16/2009, de 13 de Novembro, de Servizos de Pago, ó formalizar o rexistro, as persoas subscritoras autorizan expresamente a En Marea e á entidade bancaria na que ten aberta esta conta para efectuar as operacións de cobro mediante débedas e cargos na conta bancaria, polo importe do Microcrédito que teña indicado no formulario.
13. Para cantas cuestións interpretativas ou litixiosas poidan presentarse, estabeleceranse canles de solución amistosa que non implicarán a perda de ningún dereito de reclamación xurisdicional, para a que serán competentes os Xulgados e Tribunais determinados en aplicación da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.
14. Para poder xestionar a subscrición dos microcréditos, tramitar os contratos, efectuar os cobros e as devolucións e manter informadas ás persoas que subscriben sobre as campañas de microcréditos de En Marea necesitamos tratar os seus datos persoais mediante a súa incorporación ó ficheiro de datos de microcréditos do que é responsable En Marea. A subscrición dos microcréditos e o tratamento dos datos persoais será realizado a través da plataforma tecnolóxica e equipos informáticos de En Marea. A política de privacidade de En Marea está adaptada ó Regulamento Xeral de Protección de Datos. Para garantir un nivel de seguridade adecuado ó risco no tratamento dos datos das persoas subscritoras, En Marea aplica as medidas técnicas e organizativas apropiadas, tendo en conta o estado da técnica e a natureza, o alcance, o contexto e a finalidade do tratamento. A continuación facilitase a información básica sobre protección de datos para a subscrición dos microcréditos de En Marea. Máis información en https://enmarea.gal/ ou dpd@enmarea.gal