Coordinadora

Estás aquí: Inicio » Coordinadora

A Coordinadora de En Marea está composta por 11 persoas, escollidas polas 35 que conforman o Consello das Mareas. Este organismo ten que manter canles de comunicación fluídas entre os Grupos de Traballo entre si e os Grupos Institucionais. Outra das súas tarefas é velar polo proceso de confluencia, dentro e fóra das institucións, no periodo entre plenarios. A relación deste órgano cos demáis será de coordinación e dirección política, pero dita relación non terá carácter xerárquico

Por outra banda, a Coordinadora ten autonomía para determinar o seu réxime de sesións e o seu carácter, sexa presencial ou telemático. Por outra banda este órgano terá voceirías pluripersoais, rotatorias e paritarias.

A Coordinadora debe render contas das súas tarefas ante as persoas inscritas e ante o Plenario. Por outra banda, as persoas integrantes non percibirán remuneración ningunha por pertencer á coordinadora senón que se apoiarán en perfís técnicos acaídos para desempeñar as tarefas diarias precisas.


X