novas Archives | Páxina 2 de 67 | En Marea

novas

Estás aquí: Inicio » novas » Páxina 2

NOVAS DESTACADAS

13 Febreiro, 2019

En Marea votará NON aos Orzamentos Xerais do Estado

O Consello das Mareas decidiu nesta mañá de 13 de febreiro por maioría votar NON aos Orzamentos Xerais do Estado. As razóns desta negativa son a […]
7 Outubro, 2019

Pancho Casal: “O último informe do CES é unha emenda á totalidade ás políticas económicas e sociais da Xunta de Galicia”

O deputado de En Marea advertiu sobre os perigos de non tomar medidas para frear o declive demográfico e a precarización de Galicia. Galicia perdeu un […]
27 Setembro, 2019

As emerxencias que padece Galicia, a climática, a feminista e a social, protagonistas no Debate do Estado da Nación

Santiago, 27 de setembro de 2019. Descarga aquí a  Intervención Paula Vázquez Verao no Debate Descarga aquí as Propostas En Marea para o Debate do Estado da Nación […]
26 Setembro, 2019

As propostas de resolución de En Marea están centradas nas tres grandes emerxencias de Galicia: a climática, a feminista e a social

En Marea propón un acordo social contra o cambio climático, con medidas que reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro e que transforme o noso […]
23 Setembro, 2019

Luís Villares defende “unha axenda política propia para Galicia e unha axenda social compartida para o conxunto do Estado”

Santiago, 23 de setembro de 2019. O voceiro de En Marea, Luís Villares, compareceu esta mañá ante os medios para explicar a postura alcanzada polo seu partido o […]
21 Setembro, 2019

En Marea presentarase as eleccións xerais convocando ás forzas progresistas galegas a formar unha candidatura única

Santiago, 21 de setembro de 2019.-  En Marea presentarase ás vindeiras eleccións xerais do mes de novembro e fará un chamamento a todas as forzas políticas e sociais […]
16 Setembro, 2019

A Marea Feminista condena o triple asasinato machista de Valga

O machismo mata seguido, sen descanso, por iso nos declaramos en emerxencia feminista. Hoxe temos que lamentar o asasinato de tres mulleres do concello de Valga, […]
16 Setembro, 2019

En Marea presenta un conxunto de medidas para acabar coa violencia machista e ampliar a igualdade

Santiago, 16 de setembro de 2019.-  Paula Verao anunciou esta mañá que En Marea participará da convocatoria  das concentracións feministas declarando a “emerxencia feminista” e confirmou que neste período […]
12 Setembro, 2019

En Marea esixe a Educación unha solución para os mil alumnos e alumnas que non poden ser escolarizados polas obras nos centros da provincia de Lugo

Lugo, 12 de setembro de 2019.– O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo reunións con integrantes da comunidade educativa lucense para coñecer cal é a […]
11 Setembro, 2019

En Marea denuncia a privatización da universidade galega que está poñendo en marcha a Xunta de Feijóo

  Luís Villares sinalou que o “réxime de Feijóo está culminando o camiño da privatización entregando a un banco o noso sistema universitario” Santiago, 11 de setembro de […]
20 Setembro, 2017

En Marea considera inadmisible as ameazas da Subdelegación do goberno en Lugo contra as manifestacións da Plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña

A Subdelegación advertiu aos manifestantes que poderían ser identificados
20 Setembro, 2017

En Marea pregunta polos colapsos de verán no Parque Nacional das Illas Atlánticas e a Xunta acusa ás navieras de “pillería e irresponsabilidade”

Marcos Cal: “Foi evidente que se puxo en risco a seguridade das persoas coa benevolencia da Xunta fronte ás navieras tras 20 expedientes por incumprimento”
20 Setembro, 2017

En Marea esixe ao PP que respecte á cidadanía do rural e o seu dereito á saúde e retire o anteproxecto da Lei da saúde

O voceiro de En Marea, Luís Villares, a viceportavoz no Parlamento, Carmen Santos, e o deputado, Davide Rodríguez, reuníronse esta mañá co persoal sanitario do Hospital Comarcal de Valdeorras e da plataforma en defensa da sanidade pública para falar das inaceptables consecuencias da reforma da Lei da saúde coa que o PP continúa a estrangular o rural. O grupo de En Marea sumouse á concentración convocada ás portas do Hospital Comarcal de Valdeorras para esixir ao Goberno galego a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de saúde
21 Setembro, 2017

O Conselleiro Maior recoñece a En Marea a mala xestión dos fondos europeos por parte da Xunta de Galicia

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, denunciou o despilfarro que o Goberno galego está a facer destes fondos como se extrae dos informes de fiscalización do Consello de Contas do ano pasado algo que foi corroborado polo responsable do órgano, José Antonio Redondo
22 Setembro, 2017

En Marea insta á Xunta a incluír as partidas necesarias nos vindeiros orzamentos autonómicos para arranxar as deficiencias do centro de saúde de Marín

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, reuniuse esta mañá cos concelleiros da Marea Marín, Sandra Pesqueira e Aarón Franco, para falar das iniciativas que o grupo presentará no Parlamento Eva Solla lamentou que o que o propio Feijóo definiu coma un “pequeno hospital” quedase nun centro de saúde malo, con carencias tanto de servizos fundamentais coma de persoal
22 Setembro, 2017

En Marea apoia as mobilizacións da Rede galega en apoio ás persoas refuxiadas e esixe ao goberno que cumpra os compromisos de acollemento

En Marea propón catro medidas para que Galicia acolla a refuxiadas de maneira activa
22 Setembro, 2017

O Parlamento aproba a iniciativa de En Marea para solicitar ao Estado dotación orzamentaria para proceder ao nomeamento de xuíces substitutos para o que queda de ano

O voceiro de En Marea, Luís Villares, salientou que esta medida permitiría atender as situacións de colapso máis urxente e aquelas que teñen impacto específico na loita contra a violencia de xénero
24 Setembro, 2017

En Marea defende en Zaragoza o dereito dos pobos a decidir

Deputadas do Congreso e do Parlamento de Galicia, alcaldes e membros de En Marea participaron na asamblea que reivindicou o dereito dos cataláns
25 Setembro, 2017

En Marea urxe á Xunta data concreta para a aprobación do Plan Rector do Parque Nacional das Illas Atlánticas e unha mellora nas condicións laborais do persoal

Davide Rodríguez e Marcos Cal presentaron unha pregunta no Parlamento de Galicia na que esixe á Xunta que indique unha data concreta para a aprobación do PRUX, un plan que segundo os deputados “ten que ser elaborado contando cos diferentes axentes relacionados coas Illas Atlánticas”. Para En Marea é evidente que se puxo en risco a seguridade das persoas coa benevolencia histórica da Xunta fronte ás navieras, que xa acumulaban máis de 20 expedientes por incumprimento.
25 Setembro, 2017

En Marea esíxelle á Xunta e ao Concello de Vigo que asuman os servizos desmantelados tralo peche da Casa da Xuventude

Paula Quinteiro: "Nun momento no que emigran miles de mozos e mozas, esixiremos que a Xunta atenda as súas competencias en materia de información e asesoramento laboral á mocidade de Vigo". Rubén Pérez: "Levaremos ao vindeiro pleno municipal unha moción para que se recuperen os servizos á mocidade na Casa da Xuventude e Punto Xove de Vigo"
25 Setembro, 2017

En Marea reclama unha vez máis as competencias e o rescate da AP-9

A visita do ministro de Fomento a Galicia volve contradicir a decisión tomada polo Parlamento de Galicia
26 Setembro, 2017

En Marea anima ao Goberno galego a asumir os erros, retirar o plan de transportes e elaborar un verdadeiro plan con participación, dialogado e adecuado para Galicia

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, criticou a improvisación e incapacidade da Xunta de Galicia que quedou demostrada no fracaso da implantación da primeira fase do plan
26 Setembro, 2017

En Marea vota en contra da lei de protección e benestar animal ante a negativa do PP a aceptar oito emendas “imprescindibles” para a protección e defensa real do benestar dos animais

O deputado Francisco Casal tratou ata o último momento de conseguir que os membros do PP “reflexionasen” ante cuestións fundamentais presentadas polo seu grupo como a inclusión do sacrificio cero, dotacións orzamentarias para as protectoras, ou a inclusión dos équidos agora mesmo excluídos do texto
X