A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou que a falla de persoal provoca unha carga de traballo que produce sobre esforzos coas consecuentes lesións ademais dunha saturación de traballo que obriga a antepoñer tarefas pola imposibilidade de atender a todas.
Na comisión de sanidade, En Marea presentou ademais unha iniciativa para dotar dun profesional de pediatría ao centro de saúde de Chantada que garanta que o centro conte sempre con este servizo