Estás aquí: Inicio » As propostas de resolución de En Marea están centradas nas tres grandes emerxencias de Galicia: a climática, a feminista e a social
En Marea propón un acordo social contra o cambio climático, con medidas que reduzan as emisións de gases de efecto invernadoiro e que transforme o noso modo de vida de cara a un máis sostible para Galicia e para o planeta.
Santiago, 26 de setembro de 2019.
O deputado de En Marea, Pancho Casal, presentou esta mañá as 40 propostas de resolución que propón En Marea para o que resta de lexislatura. Estas medidas están estruturadas en torno ás tres emerxencias que onte desenvolveu Luís Villares a feminista, a climática e a social: “todas elas teñen como consecuencia final outra gran emerxencia, a emerxencia demográfica”.
Acordo social contra o cambio climático
“É un feito indiscutible, un problema real que neste momento é o maior para a humanidade. Plantexamos unha serie de medidas para limitar a emisión de gases de efecto invernadoiro e para adaptar o noso de vida a un máis sostible”
Declaración do país como zona de emerxencia climática.
“Todos os datos científicos dos últimos 40 anos amosan que é unha realidade e que hai que poñerlle coto. A manifestación máis forte son os incendios forestais que hai que previr en lugar de combater so cos medios de choque contra o lume”.
Emerxencia social.
“Os rapaces que rematan hoxe a carreira cobran menos do que eu cobrei cando tiven o meu primeiro traballo hai 40 anos, polo mesmo traballo, en pesetas reais. Así é imposible desenvolver unha sociedade”
Plan de impulso a igualdade e contra as violencias machistas.
“Hai que pasar das palabras aos feitos e or orxamentos son claramente insuficientes. Hai que facer un plan integral que vaia desde a educación afectivo sexual.
Non pode haber desenvolvemento dunha sociedade sen coidar da xente dependente. Os orzamentos son totalmente insuficientes e ademais non se executan. É un tema prioritario porque ademais a maior parte recae sobre as mulleres, impedindo o seu desenvolvemento persoal e laboral”.
Plan de ordenación forestal.
“Precisamos fomentar novas superficies agrarias. Non pode ser que esteamos adicando terra fértil a plantar eucaliptos. Os países que teñen futuro son os que teñen independencia alimentaria e enerxética”.
“Temos que pechar o ciclo das renovables en Galicia de xeito integral, non soamente na parte mecánica que implica menos desenvolvemento tecnolóxico e menos valor engadido”.