Estás aquí: Inicio » As inscritas de En Marea decidiremos mañá se a formación concorre ás Eleccións Autonómicas
Sempre asumimos que as inscritas teñen a última palabra e capacidade de decisión, por iso mañá, nun plenario telemático extraordinario, decidirán se En Marea concorre ás Eleccións Autonómicas e de ser o caso, de que xeito, en solitario ou en coalición e, de ser en coalición, se é con plataformas municipais e partidos políticos, poñendo como base que se defenda un programa baseado en combater as emerxencias climática, social e feminista que vive o noso país e sempre pulando por unha nova normalidade xusta e sostible.
Unha parte das inscritas de En Marea valoraron nas TeleAsembleas comarcais celebradas hai unhas semanas a posibilidade de presentarse nesta ocasión por tres cuestións esenciais: porque mudou todo o panorama nestes meses, non só político, senón tamén social, económico… e hai que facerlle fronte á nova situación; porque neste momento non hai unha alternativa clara ao Partido Popular, pois as forzas actuais non son suficientes e por levar a transversalidade da sociedade e o debate das ideas ao debate electoral. Entenden que a proximidade, as formacións municipais, a sustentabilidade e o galeguismo son cuestións que poden aportar ao panorama político.
Ante a maginutude da decisión, dende En Marea convocamos unha sesión do máximo órgano de decisión, para que sexan as inscritas as protagonistas da decisión final.