Estás aquí: Inicio » Arrancamos curso político……. co cambio climático por bandeira!!
Na xornada haberá palestras e mesas nas que diferentes persoas expertas como Pablo Meira, Mar Sobral, Sonia Vidal, Luz Ocampo, María Loureiro, Xoán Doldán, Paco Vizoso, Iván Rodríguez, Manuel Xermade ou Xabier Vence falarán e debateremos sobre o cambio climático, a súa incidencia na deforestación e nos incendios forestais, na saúde, na política forestal, na xestión dos recursos enerxéticos…
Luís Villares, voceiro de En Marea, pechará a xornada presentando as propostas inmediatas de En Marea para a loita contra a emerxencia climática e ambiental.
Contamos con vos!!
PROGRAMA DA XORNADA:
10:00 h Presentación da xornada e benvida. Ana Seijas. (Vicevoceira de En Marea).
10:05 h: Crise climática: emerxencia e resposta social.
Pablo Meira, Doutor en Ciencias da Educación e Profesor de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Integrante do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental. Membro do Seminario Permanente de Educación e Comunicación do Cambio Climático no Centro Nacional de Educación Ambiental. Profesor de Educación Ambiental na USC).
11:00 Mesa 1. Territorio: ambiente e sector primario.
Emerxencia climática e cambio global. Mar Sobral, doutora en Ecoloxía Evolutiva pola USC, investigadora posdoutoral durante 4 anos na Universidade de Stanford e 2 anos no CNRS francés. Actualmente traballa como investigadora na USC estudando a relación entre a evolución, os servizos ecosistémicos e o cambio global.
A mudanza climática e a produción agrogandeira. Efectos do clima e efectos das medidas mitigadoras do cambio climático. Agroecoloxía e soberanía alimentaria como resposta. (Sonia Vidal Lamas. Sindicato Labrego Galego).
Mudanza climática, sector forestal e risco de lumes: Luz Ocampo, Cooperativa Amarelante. Unha aposta pola castaña a través do cooperativismo.
12:00 Pausa café
12:30 h Mesa 2: Crise climática ou crise sistémica?
O modelo neoliberal como responsable do cambio climático. Xavier Vence Deza. Catedrático de Economía Aplicada na USC. Membro do Grupo de Investigación de Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento.
O impacto do cambio climático na economía de Galicia. María Loureiro. Prof. de Fundamentos de análise económica da USC.
Situación enerxética galega. Adrián Dios Vicente. Investigador na USC especialista no sector eléctrico.
14:00 h Pausa comida
16:30 As alternativas enerxéticas en Galicia. Ángel Montero (Nosa Enerxía).
17:00 Mesa 3. Sociedade e Saúde: a mudanza climática e a vida das persoas.
18:00. Peche da xornada: A revolución climática para que non nos rouben o futuro, con intervencións de movementos sociais e micro aberto.
Peche da Xornada a cargo de Luís Villares (Voceiro de En Marea). Presentación das propostas inmediatas de En Marea para a loita contra a emerxencia climática e ambiental.
Haberá servizo de conciliación, polo que podedes traer ás vosas crianzas.