Aprobada por unanimidade a proposta de En Marea de incluír Noia na área de Transporte Metropolitano de Santiago

Estás aquí: Inicio » Aprobada por unanimidade a proposta de En Marea de incluír Noia na área de Transporte Metropolitano de Santiago

Aprobada por unanimidade a proposta de En Marea de incluír Noia na área de Transporte Metropolitano de Santiago

Paula Quinteiro: “Esta inclusión é especialmente necesaria para a mocidade que se despraza de xeito habitual a Compostela aboando prezos claramente abusivos”

O Parlamento de Galicia vén de aprobar por unanimidade a proposta de En Marea de iniciar de xeito inmediato os estudos necesarios para incluír Noia na área de Santiago, no marco do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia pois “sería especialmente beneficioso e necesario para a mocidade que se despraza de xeito habitual a Compostela aboando na actualidade prezos claramente abusivos”.

A inclusión reduciría o prezo do billete drasticamente, abriríase a posibilidade de efectuar transbordos sen coste engadido, aumentaríase a frecuencia horaria e reduciríase de maneira importante o tempo da viaxe. “Son moitas as mozas e mozos os que teñen que desprazarse a Santiago con regularidade: para estudar, para traballar, para ir ó hospital, etc…e se teñen ou queren facelo en transporte público ofrécen un servizo que non mudou en medio século cuns prezos que non paran de subir” lembrou Quinteiro, para quen “a inclusión de Noia na área do transporte metropolitano de Santiago faría que o prezo pasara dos 3,70€ que custa actualmente a 2,20€ , con posibilidade de descontos do 50% para quen faga polo menos 40 viaxes ó mes.”

Cando falamos de mobilidade e de transporte, temos que prestar especial atención á xente moza, que presenta moitas veces dificultades á hora de moverse polo territorio, pola súa maior precariedade económica” engadiu a parlamentaria de En Marea na súa intervención. “O caso de Noia amosa que non se están cumplindo os obxetivos do plan de transportte metripolitano fixados pola propia Xunta”, concluíu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

nine − 1 =

X