Estás aquí: Inicio » Aprobada por unanimidade a iniciativa de En Marea sobre a marca Pesca de Rías
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade a iniciativa defendida polo deputado, Juan Merlo, relativa á marca Pesca de Rias, ¿onde se non? foi aprobada por unanimidade en sesión plenaria. Na súa intervención o deputado de En Marea destacou o valor dos produtos das rias galegas recoñecidos a nivel nacional e internacional pola súa calidade, ademais de lembrar que do sector do mar viven máis de 20.000 familias, representado polo tanto un motor fundamental para a economía galega, non so pola cantidade de postos de traballo directo que xera, senón tamén polos milleiros que crea de forma indirecta.
A proposición non de Lei de En Marea aprobada hoxe establece que o Parlamento de Galicia inste á Xunta de Galicia a: