Estás aquí: Inicio » Aprobada por unanimidade a iniciativa de En Marea para subsanar unha barreira arquitectónica no Concello de Abadín
A deputada Paula Vazquez Verao defendeu na Comisión de Política Social o caso de Pilar, unha muller con mobilidade reducida que ten a debandita barreira na porta da casa.
A Comisión 5ª aprobou por unanimidade unha iniciativa debatida conxuntamente con outra do grupo socialista para arranxar unha estrada que impide o acceso a súa propia casa a unha muller con mobilidade reducida.
Pilar, veciña de Abadín, precisa dunha cadeira de rodas para desprazarse. Despois de ser asfaltada a pista fronte a súa casa no ano 2013, o desnivel aumentou 15-20 cm. Esta situación lle impide desprazarse dentro e fora do seu fogar, incumprindo a Lei de Accesibilidade de Galicia segundo un informe da Valeduría do Pobo. Ademais, esta situación aumenta o risco de inundación na súa casa ao tupírense con frecuencia as tuberías dos desaugadoiros.
Paula Vazquez Verao presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que se arranxe esta situación, e “que persoas coma Pilar de Abadín poida saír da súa casa e desenvolver a súa vida con certa dignidade”. A deputada denunciou que “eliminar as barreiras arquitectónicas que lle impiden a Isabel ter autonomía persoal costaría 5.600 euros. O caso chegou á Valeduría do pobo, pero o concello de Abadín non remite o informe técnico que se lle require. A Xunta segue sen actuar.”
A iniciativa aprobada na comisión insta a Xunta a instar a súa vez o Concello de Abadín a arranxar dunha vez esta situación, dando cumprimento a Lei de Movilidade e garantíndolle a Pilar o cumprimento dos seus dereitos.