Amosamos a nosa repulsa contra as detencións políticas levadas a cabo en Cataluña

Estás aquí: Inicio » Amosamos a nosa repulsa contra as detencións políticas levadas a cabo en Cataluña

Amosamos a nosa repulsa contra as detencións políticas levadas a cabo en Cataluña

Desde En Marea consideramos totalmente reprobables as accións levadas a cabo contra o Govern da Generalitat, pois representan un novo atentado á democracia. Unha democracia madura debe dar solucións políticas aos problemas políticos e non insistir en xudicializalos. O feito de mandar a prisión a estes cargos públicos non fai máis que enquistar o conflito que se está a dar en Cataluña.

O goberno do Partido Popular mostra de novo o seu afán autoritario, totalitario e irresponsable. Do mesmo xeito que a aplicación do 155 non contribuíu en absoluto a mellorar o tensionamento, ditas detencións van no mesmo camiño de agravar a fenda. É inaudito que un estado europeo moderno, en pleno século XXI, teña presos políticos pola defensa do dereito a decidir. Do mesmo xeito, é de extraordinaria gravidade que a Fiscalía xeral do Estado solicite o encarceramento dun goberno elixido democráticamente polo conxunto da cidadanía.

A represión non solventa os problemas políticos, só os agrava. Por iso dende En Marea solicitamos a posta en liberdade inmediata de todos os cargos do Govern e dos presidentes da ANC, Jordi Sánchez e de Ómnium Cultural, Jordi Cuxart.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 × 2 =

X