Estás aquí: Inicio » A Xunta recoñece que non se tomaron as medidas de protección necesarias no traslado e manipulación do Lindano pero obvia a súa responsabilidade
A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, preguntou na comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia polas accións previstas polo Goberno galego e se ten coñecemento das condicións nas que estiveron a traballar os traballadores das empresa contratada para retirar o Lindano do Porriño e trasladalo a Ponteareas sen protección de ningún tipo.
Na súa resposta a Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. recoñeceu coñecer que non se cumpriran cos requisitos de seguridade laboral e saúde necesarios por parte da empresa e informou de que a Consellería de Industria está a investigar o sucedido. Sen embargo non fixo mención algunha aos traballadores contratados pola propia Xunta de Galicia para realizar as catas nas zonas afectadas que, como comprobou a propia deputada de En Marea en varias das visitas realizadas á zona, están a traballar igualmente sen protección algunha.
Na súa intervención Eva Solla lembrou que estamos a falar dun grave problema en Porriño pero tamén nos concellos da contorna debido a alta volatibilidade deste material e denunciou a indiferenza das diferentes administracións que “levan anos mirando para outro lado ante un problema medioambiental e de saúde pública tan importante”.