Estás aquí: Inicio » A Comisión de Garantías de En Marea adía a celebración das eleccións para completar unha auditoría do censo
A Comisión de Garantías de En Marea vén de ditaminar a suspensión temporal do proceso de elección ao Consello das Mareas e da Comisión de Garantías en base ao coñecemento das seguintes cuestións:
1. Imposibilidade de acceso ao censo do responsable legal ante a Axencia Española de Protección de Datos durante 24 horas, motivo polo que hai unha auditoría en curso.
2. Imposibilidade técnica para que figurasen na papeleta electrónica o nome de tódalas integrantes das distintas listas que concorren en dito proceso.
3. Imposibilidade técnica de realizar todas as probas de seguridade e as simulacións de voto coa versión da papeleta electrónica definitiva.
4. Descoñecemento dos locais de votación a menos de 24 horas para comenzar a votación.
5. Imposibilidade de informar ás persoas inscritas da situación e horarios de apertura dos locais de votación.
Así, a votación levarase a cabo á maior brevidade posible e usarase este tempo para:
1. Finalizar e avaliar os resultados da auditoría en curso.
2. Acadar unha solución técnica para a papeleta electrónica onde figuren todos os nomes das integrantes das distintas listas.
3. Realización de proba de seguridade completa e simulacións de voto coa papeleta de voto definitiva.
4. Posta en coñecemento de tódalas inscritas dos locais de votación así como dos horarios de apertura dos mesmos.
5. Solventar as incidencias das que teña constancia o Comité Electoral das persoas inscritas.
COMISIÓN DE GARANTÍAS